Abrir o menú principal

Cambios

m
→‎My Fair Lady: arranxiños
En [[1963]] protagonizaría xunto a [[Cary Grant]] a divertida "[[Charade (filme)|Charade]]",<ref name="imdb">[http://www.imdb.com/title/tt0056923/?ref=m_nv_sr_3 Charade en IMDb]</ref> enxeñosa parodia das películas de suspense.
 
A este papel seguiuno o de ''[[My Fair Lady (filme de 1964)|My Fair Lady]]'', de [[George Cukor]], da que se dixo que era a película máis esperada desde ''[[Foise co vento]]''. Elixiron a Audrey como protagonista por encima da por entón descoñecida [[Julie Andrews]], quen había protagonizadoprotagonizara o mesmo papel no musical de Broadway. A decisión de non contar con Andrews tomouse antes de contratar a Hepburn, quen nun principio rexeitou o papel e pediu que llo desen a Julie Andrews, pero cando se decatou de que ía ir a mans de [[Elizabeth Taylor]], quen tamén competía por ser a protagonista do filme, aceptouno. Os productores estaban de acordo en que Hepburn era a opción perfecta. A polémica elección de Hepburn sobre Andrews tamén provocou a ira do actor [[Rex Harrison]], quen actuara xunto a Andrews na obra musical orixinal. Harrison atopábase molesto coa decisión do papel de Eliza alegando: «Suponse que Eliza Doolittle sentísesesintese incómoda nos bailes europeos. A maldita Audrey xamais pasou a súa vida fóra dos bailes europeos». Harrison, nunha entrevista despois, arrepentiuse do devandito e cando lle preguntaron quen foifora oa seusúa mellor acompañante durante a súa carreira sen pensalo dixo: «Audrey Hepburn». Julie Andrews tiña que filmar ''[[Mary Poppins]]'', que foi estreada o mesmo ano que ''My Fair Lady''. Nun primeiro momento, decidiuse que Audrey Hepburn rodaría as escenas musicais da película, pero non as cantaría. Diso encargábase [[Marni Nixon]], quen dobrou todas as súas cancións. Pero aínda así, Hepburn gravou as cancións. Na montaxe final da película optouse polas de Marni Nixon, que tamén están recollidas nos CDs, e non as de Hepburn, que están presentes en documentais e no material extra nos DVDs. Só varios números pertencen á actriz, como ''Just You Wait'' e ''I Could Have Danced All Night''. Cando lle preguntaron polos cambios de voz dos números musicais da película, simplemente respondeu: «''You could tell, couldn't you? And there was Rex, recording all his songs as hei acted... next time''» e non dixo máis. Deixando ao carón a dobraxe, a actuación de Audrey era excelente, «Audrey Hepburn está magnífica, ela é a "Eliza" que se recordará», dixo Gene Ringgold, crítico de cine.
 
A polémica sobre o repartición da película alcanzou a súa cenit na tempada dos Oscar de 1964-1965, cando Audrey non estaba nomeada polo seu papel de Eliza, pero si o estaba Julie Andrews por ''Mary Poppins''. Os medios fixeron referencia á rivalidade entre as dúas actrices, cando ata elas mesmas negábana. O Óscar finalmente recaeu en Julie Andrews.
101.364

edicións