Abrir o menú principal

Cambios

m
Charade (filme)
Nada en [[Ixelles]], un distrito de [[Bruxelas]], Hepburn pasou a súa infancia entre [[Bélxica]], [[Inglaterra]] e os [[Países Baixos]], incluíndo a [[Arnhem]] que estivo ocupada polos alemáns durante a segunda guerra mundial. En [[Ámsterdam]], estudou ballet con Sonia Gaskell antes de trasladarse a Londres en 1948 para seguir os seus estudos de ballet con [[Marie Rambert]] e traballar como corista nas producións musicais de West End.
 
Logo de aparecer en varias películas británicas e protagonizar a obra de Broadway de 1951, ''Gigi'', Hepburn interpretou o papel principal de ''[[Vacacións en Roma|Roman Holiday]]'' (1953), o cal valeulle un [[Oscar á mellor actriz]]. Máis tarde actuando en películas de éxito como ''[[Sabrina (1954)|Sabrina]]'' (1954), ''[[Historia dunha monxa (película)|The Nun's Story]]'' (1959), ''[[Breakfast at Tiffany's]]'' (1961), ''[[CharadaCharade (filme)|Charade]]'' (1963), ''[[My Fair Lady (película de 1964)|My Fair Lady]]'' (1964) e ''[[Wait Until Dark]]'' (1967), Hepburn recibiu nomeacións aos premios Oscar, [[Premios Globo de Ouro|Globo de Ouro]] e [[Premios BAFTA|BAFTA]] e devindicou un [[Premios Tony|premio Tony]] pola súa actuación teatral na obra de Broadway de 1954, ''[[Ondina (obra de teatro)|Ondina]]''. Hepburn segue sendo unha das poucas persoas que gañaron un Óscar, un Emmy, un Grammy e un Tony. Hepburn foi a primeira actriz en gañar un Oscar, un Globo de Ouro e un premio BAFTA por unha soa actuación: ''Roman Holiday'' en 1954.
 
Apareceu en menos películas a medida que a súa vida seguiu, dedicando gran parte da súa vida posterior a [[Unicef]]. Malia contribuír coa organización desde 1954, traballou nalgunhas das comunidades máis profundamente desfavorecidas de África, América do Sur e Asia entre 1988 e 1992. Foi galardonada coa [[Medalla Presidencial da Liberdade]] en recoñecemento ao seu labor como [[Embaixadores de boa vontade de Unicef|Embaixadora de Boa Vontade de Unicef]] a finais de 1992. Un mes máis tarde, Hepburn morreu de cancro apendicular na súa casa en Suíza a principios de 1993 á idade de 63 anos.<ref>{{cita libro|apelidos=de Givenchy|nome=Hubert|título=Audrey Hepburn|editor=Pavilion|localización=Londres|ano=2007|isbn=978-1-86205-775-3|páxina=19}}</ref><ref>{{cita libro|apelidos=Ferrer|nome=Sean|título=Audrey Hepburn, an Elegant Spirit|editor=Atria|localización=Nova York|ano=2005|isbn=978-0-671-02479-6|páxina=148}}</ref><ref name=barryparis>{{cita libro|apelidos=Paris|nome=Barry|título=Audrey Hepburn|editor=Berkley Trade|ano=2001|isbn=978-0-425-18212-3}}</ref>
A mediados dos 50, Audrey non só era unha das maiores estrelas de Hollywood, senón un icona da moda. O seu estilo, tan persoal e elegante, era admirado e imitado. Ademais, era moi admirada polo público, como o demostra o seu [[Premios Globo de Ouro|Globo de Ouro]] á actriz máis querida en todo o mundo en [[1955]].
 
Sendo xa unha das actrices máis taquilleiras de Hollywood, Audrey contaba con compañeiros de repartición da talla de Humphrey Bogart (''Sabrina''), [[Fred Astaire]] (''[[Funny Face]]''), [[Maurice Chevalier]] e [[Gary Cooper]] (''[[Love in the afternoon]]''), [[William Holden]] (''[[Paris - When it sizzles]]''), [[George Peppard]] (''[[Breakfast at Tiffany's]]''), [[Cary Grant]] (''CharadaCharade''), [[Rex Harrison]] (''[[My Fair Lady (película de 1964)|My Fair Lady]]''), [[Peter O'Toole]] (''[[How to Steal a Million]]'') e [[Sean Connery]] (''[[Robin and Marian]]''). Moitos destes actores convertéronse en persoas moi próximas á actriz. Rex Harrison chamouna a súa «principal dama» -Audrey fíxose moi amiga da bailarina británica [[Kay Kendall]], que era a muller de Rex-; Cary Grant amaba o sentido do humor de Audrey. «Todo o que pido por Nadal é outra película xunto a Audrey Hepburn» dixo unha vez; e Gregory Peck converteuse nun dos seus amigos máis íntimos. Logo da morte da actriz, Peck foi á cámara e recitou o seu poema favorito, ''Unending Love'' de [[Rabindranath Tagore]]. Algúns creen que Audrey e Humphrey non mantiveron a súa amizade, pero iso é falso. Bogart fíxoo mellor con Audrey do que o faría calquera. Como ela despois diría: «Ás veces os tipos máis duros resultan ser os máis sensibles, como Bogey o é comigo».
 
En 1957 actuou en ''Funny Face'', unha das súas películas favoritas debido a que conseguía bailar con Fred Astaire. A esta seguiuna ''[[The Nun's Story]]'', un dos seus papeis máis dramáticos e atrevidos. Sobre este papel ''Films in Review'' dixo: «O seu papel calará a todos os que dixeron que é só un símbolo de muller sofisticada. A súa interpretación da irmá Luke é unha das mellores actuacións do cine». Audrey recibiu un nomeamento aos Óscar por este papel. [[Simone Signoret]] foi a agraciada co galardón neste ocasión.
101.505

edicións