Abrir o menú principal

Cambios

m
 
=== Vida durante a segunda guerra mundial ===
Durante a súa mocidade Audrey sufriu a [[Segundasegunda Guerraguerra Mundialmundial]], primeiro en [[Bélxica]] e logo en [[Países Baixos|Holanda]], de onde era orixinaria a súa nai. Para evitar que as súas orixes inglesas a delatasen, a nai de Audrey chamábaa Edda Van Heemstra, como ela, e obrigouna a falar holandés. Audrey falaba perfectamente inglés, francés, holandés e italiano, defendíase co alemán e tamén un pouco en castelán. Estudou para ser bailarina, pero a guerra fixo estragos na súa constitución, así que, pese a seguir estudando e practicando, Audrey viuse na disxuntiva de elixir unha nova profesión, que foi a de actriz.
 
En 1944 Hepburn xa era unha boa bailarina e, durante esta época, bailaba secretamente. O diñeiro que recaudaba doábao á [[resistencia holandesa]]. Sobre esta época dixo máis adiante: «O mellor público que hei ter; non facía nin un só son ao terminar a miña actuación».
 
O país foi liberado polas forzas aliadas e a [[Administración das Nacións Unidas para o Auxilio e a Rehabilitación]] interveu no mesmo. Hepburn dixo nunha entrevista que se comeu un paquete enteiro de [[leite condensada]] e que se puxo enferma polo exceso de [[azucre]]. Estas experiencias contribuíron a que Audrey estivese sempre á beira de [[UNICEF]] durante o resto da súa vida.
 
=== Formación como bailarina ===
En [[1945]], ao finalizar a guerra, Audrey abandonou o conservatorio de Arnhem e mudouse a [[Ámsterdan]] onde tomou clases de ballet con Sonia Gaskell. En [[1948]] foise a [[Londres]] e seguiu estudando ballet, esta vez de man da recoñecida [[Marie Rambert]], profesora de [[Vaslav Nijinsky]], un dos maiores bailarins da historia da danza. De cando en vez Hepburn preguntáballe a Rambert sobre o seu futuro, ao que ela respondíalle que podería seguir alí e ter unha gran carreira, pero o feito de que fose relativamente alta (1,67 m), sumado á súa delgadez por mor da malnutrición durante a ocupación alemá non lle permitiría ter un bo futuro como primeira bailarina. Pero Audrey quería sobresaír, así que confiou na súa mentora e intentou a actuación.<ref>[http://transcripts.cnn.com/TRANSCRIPTS/0312/24/lkl.00.html Audrey Hepburn's Son Remembers Her Life] {{en}}</ref> Ademais, a situación económica da familia Hepburn non lle permitiría continuar cos seus estudos, e Audrey, necesitada de diñeiro, reformulouse o empezar a actuar, xa que esta profesión estaba mellor paga que a de bailarina. Rambert dixo despois sobre Audrey: «Era unha estudante marabillosa; se seguise, podería haberse convertido nunha bailarina excepcional». A fame da guerra sumouse a disciplina da danza, que a volveu case anoréxica: nas súas Memorias [[José Luis de Vilallonga]] afirma que os seus xantares non pasaban dun á de polo e unha folla de leituga.{{cómpre referencia}}
101.425

edicións