Audrey Hepburn: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
corrixo lingua
m Arranxiños​
Liña 38:
É considerada pola ''[[American Film Institute]]'' como a terceira mellor estrela feminina de tódolos tempos.
 
Nada en [[Ixelles]], un distrito de [[Bruxelas]], Hepburn pasou a súa infancia entre [[Bélxica]], [[Inglaterra]] e os [[Países Baixos]], incluíndo a [[Arnhem]] que estivo ocupada polos alemáns durante a Segundasegunda Guerraguerra Mundialmundial. En [[Ámsterdam]], estudou ballet con Sonia Gaskell antes de trasladarse a Londres en 1948 para seguir os seus estudos de ballet con [[Marie Rambert]] e traballar como corista nas producións musicais de West End.
 
Logo de aparecer en varias películas británicas e protagonizar a obra de Broadway de 1951, ''Gigi'', Hepburn interpretou o papel principal de ''[[Vacacións en Roma|Roman Holiday]]'' (1953), o cal valeulle un [[Oscar á mellor actriz]]. Máis tarde actuando en películas de éxito como ''[[Sabrina (1954)|Sabrina]]'' (1954), ''[[Historia dunha monxa (película)|The Nun's Story]]'' (1959), ''[[Breakfast at Tiffany's]]'' (1961), ''[[Charada|Charade]]'' (1963), ''[[My Fair Lady (película de 1964)|My Fair Lady]]'' (1964) e ''[[Wait Until Dark]]'' (1967), Hepburn recibiu nomeacións aos premios Oscar, [[Premios Globo de Ouro|Globo de Ouro]] e [[Premios BAFTA|BAFTA]] e devindicou un [[Premios Tony|premio Tony]] pola súa actuación teatral na obra de Broadway de 1954, ''[[Ondina (obra de teatro)|Ondina]]''. Hepburn segue sendo unha das poucas persoas que gañaron un Óscar, un Emmy, un Grammy e un Tony. Hepburn foi a primeira actriz en gañar un Oscar, un Globo de Ouro e un premio BAFTA por unha soa actuación: ''Roman Holiday'' en 1954.
Liña 54:
En 1939 trasladouse coa súa nai e os seus dous irmáns de nai á casa do seu avó en [[Arnhem]], Países Baixos. Pensaban que Holanda era un lugar seguro para evitar ao exército nazi. Hepburn acudiu ao conservatorio de Arnhem entre 1939 e 1945, onde estudou [[piano]] e [[ballet]] clásico, os cales compaxinaba cos seus estudos escolares.
 
=== Vida durante a Segundasegunda Guerraguerra Mundialmundial ===
Durante a súa mocidade Audrey sufriu a [[Segunda Guerra Mundial]], primeiro en [[Bélxica]] e logo en [[Países Baixos|Holanda]], de onde era orixinaria a súa nai. Para evitar que as súas orixes inglesas a delatasen, a nai de Audrey chamábaa Edda Van Heemstra, como ela, e obrigouna a falar holandés. Audrey falaba perfectamente inglés, francés, holandés e italiano, defendíase co alemán e tamén un pouco en castelán. Estudou para ser bailarina, pero a guerra fixo estragos na súa constitución, así que, pese a seguir estudando e practicando, Audrey viuse na disxuntiva de elixir unha nova profesión, que foi a de actriz.