Diferenzas entre revisións de «Historia de Europa»

m
Durante a segunda metade do Primeiro Milenio, o Mediterráneo converteuse en [[guerra|campo de batalla]] para distintas potencias políticas. [[Atenas]] intentou facerse coa hexemonía do Mediterráneo a través da [[Liga de Delos]], á vez que viviu un período de esplendor durante o chamado [[Século de Pericles]], pero colapsou despois da súa derrota na [[guerra do Peloponeso]] (431 a.C.-404 a.C.). Seguiu un século de inestabilidade en Grecia, até que [[Filipo II de Macedonia]] a unificou baixo a súa hexemonía.<ref>{{Cita web| url = http://mx.encarta.msn.com/encyclopedia_761555940/Macedonia_regi%C3%B3n_hist%C3%B3rica.html | título = Macedonia (región histórica) | ano = 2008 | obra = Enciclopedia Encarta | dataacceso = 3 de xaneiro de 2012 | lingua= español}}</ref> Posteriormente, o seu fillo [[Alexandre o Grande]] emprendeu a conquista do mundo oriental, e aínda que despois da súa morte (323 a.C.) as potencias orientais volveron a ser independentes, o [[Reino de Macedonia]] permaneceu como unha gran potencia.
 
No [[Occidente]], pola súa parte, empezou a medrar o poderío da [[República romana]]. Esta enfrontouse cos etruscos nunha longa serie de guerras que culminaron coa anexión das principais cidades etruscas contra 250 a.C. Tamén se enfrontou co poderío cartaxinés, dobregándoo nas [[guerras Púnicaspúnicas]] (264 a.C.-146 a.C.). Durante o século seguinte, os romanos estendéronse por Grecia e por Oriente. En Europa, os romanos seguiron estendendo as súas fronteiras terra dentro, até que na época de [[Octavio Augusto]] (31 a.C.-[[14]] d.C.), o [[Imperio romano]] cubría todas as terras europeas ao sur dos ríos [[Rin]] e [[Danubio]].
 
Neste proceso de expansión, os romanos abafaron a cultura dos [[celtas]] en Hispania e na [[Galia]].{{cómpre referencia}} Despois, ao asaltar [[Gran Bretaña]] no ano [[43]], os romanos destruíron os núcleos celtas en [[Inglaterra]] e [[Gales]].{{cómpre referencia}} Con todo, a cultura [[druída|druídica]] conservouse en [[Irlanda]] e [[Escocia]].
102.427

edicións