Mogadixo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 62:
 
==== De 2000 a 2006 ====
En outubro de [[2004]] o [[Parlamento]] somalí de transición elixíuelixiu como presidente a [[Abdullahi Yusuf]]. As votacións tiveron lugar en [[Nairobi]] ([[Quenia]]), a causa da caótica situación de Mogadixo. O goberno, recoñecido por gran parte das nacións occidentais, a pesar da súa feble autoridade, non logrou asentarse na capital somalí, axitada por continuas guerrillas, sobre todo na parte norte da cidade, de xeito que tivo que trasladarse a [[Baidoa]], a 245 km ao noroeste de Mogadixo).
 
En xuño de [[2006]], logo de catro meses de asedio, as milicias dos [[Unión de Consellos Islámicos|Consellos Islámicos]] conseguiron expulsar da cidade os Señores da Guerra, da que se adonaran por anos. Os Consellos Islámicos introduciron as leis islámicas ([[xaria]]) na cidade, restituíndo unha certa orde e autorizando a reapertura, despois de 17 anos, do porto e do aeroporto, ademais de eliminar os postos de bloqueo das estradas.