Mercenario: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 118:
:* En [[Anábase]], [[Xenofonte de Atenas|Xenofonte]] relata como [[Ciro o Novo]] recrutou un grande exército de mercenarios gregos (os «Dez mil») en [[-401]] para arrebata-lo trono de [[Persia]] ó seu irmán, [[Artaxerxes II]]. Malia que este exército obtivo a vitoria na [[batalla de Cunaxa]], Ciro morreu na batalla e toda a expedición atopouse perdida. Illados moi dentro do territorio inimigo, o xeneral espartano [[Clearco]] e moitos dos outros xenerais gregos foron asasinados pouco máis tarde a traizón por orde de [[Artaxerxes II]]. Xenofonte exerceu un papel fundamental ó afouta-lo exército grego dos «Dez mil» para que marcharan cara ó norte cara ó [[Mar Negro]], nunha loita épica durante a súa retirada.
:* [[Memnón de Rodas]] ([[-380]] - [[-333]]) foi o comandante dos mercenarios gregos que loitaban para o rei Persa [[Darío III]] cando [[Alexandre o Grande]] de [[Reino de Macedonia|Macedonia]] invadiu a Persia en [[-334]] e venceu os persas na [[Batalla do Gránico]]. Alexandre empregaba tamén mercenarios gregos durante as súas campañas. Eran estes uns homes que loitaban directamente para el, e non coma o resto das unidades do seu exército que proviñan das cidades-estados gregas.
:* [[Cartago]] contratou pastores das [[Illas Baleares]] coma lanzadores de [[fonda]] durante as [[Guerrasguerras Púnicaspúnicas]] contra [[Roma Antiga|Roma]]. A ampla maioría dos militares cartaxineses eran mercenarios, agás os altos oficiais, a mariña e a garda de palacio.
:* Os membros das tribos independentes [[Tribos tracias|tracias]] coma os «[[Bessi]]» e «[[Dii]]» uníronse con frecuencia a exércitos maiores coma mercenarios.
:* Os [[fillos de Marte]] foron mercenarios italianos empregados polos reis gregos de [[Siracusa]] ata o remate das [[Guerrasguerras Púnicaspúnicas]].
 
Nos últimos tempos do [[Imperio Romano]], os emperadores e os xenerais tiveron cada vez máis dificultades para recrutar unidades militares a partir da cidadanía por diversas razóns: falla de man de obra, falla do tempo necesario para o adestramento, carencias materiais e, inevitablemente, consideracións políticas. Polo tanto, comezando a finais do [[século IV]], o Imperio comezou a contratar bandas completas de bárbaros xa fose dentro das [[lexión romana|lexións]] ou coma federacións autónomas. Os bárbaros foron romanizados, e os veteranos superviventes establecéronse en áreas que requirían de repoboacións. A [[Garda Varanxiana]] do Imperio Romano do leste, tamén coñecido coma [[Imperio Bizantino]], é a unidade máis coñecida formada por mercenarios bárbaros.