Grecia antiga: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 279:
Os persas, por medio do [[sátrapa]] de [[Licia]], [[Tisafernes]], castigou ás cidades xonias, que pediron de novo axuda a Esparta. Aínda que se enviou un exército, as cidades non foron recuperadas. Os persas tamén montaran unha frota de castigo, que puxeron ao mando de almirante ateniense [[Conón]]. Aínda que os espartanos, baixo o mando de [[Axesilao]], lograron vencelo en [[Sardes]], os persas conquistaron Rodas e a guerra veuse interrompida pola grave situación interna de Esparta.
 
=== A Guerraguerra de Corinto ===
No [[-395|395]] a. C. toda Grecia era un clamor en contra da dominación espartana, torpe, ineficaz, e que só criaba inimigos. O primeiro conflito que se xerou por esta situación tivo como protagonista a Tebas, quen por unha cuestión de límites, invadiu a Fócida. Esparta considerou que debía intervir e como sempre ocorría entre as disputas entre os gregos, unha intervención levaba a outra, Atenas púxose a carón dos tebanos. Esparta nomeou a [[Lisandro]] pero foi derrotado e perdeu a vida. Esta derrota animou a constituír unha liga antiespartana, que integraron Beocia, Atenas, Argos e Corinto, tendo a súa sede nesta derradeira cidade.