Grecia antiga: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 138:
Trala morte de Pisístrato, relevouno o seu fillo [[Hipias, tirano|Hipias]], moito menos hábil que o seu pai. Despois do paso de diversos [[arconte]]s pertencentes as familias aristocráticas, da intervención espartana poñendo no poder a [[Iságoras]], o cambio necesario veu da man de [[Clístenes de Atenas]], que modelou coas súas reformas a Atenas Clásica. Logrou desposuír dos seus derradeiros privilexios ás grandes familias e, mediante unha nova clasificación dos cidadáns segundo a súa distribución territorial, baseada no [[demos]] ou cantón, diluíu os poderes locais e os residuos tribais, dándolle pulo a unha igualdade máis teórica que real, pero que representou un paso adiante na representatividade como demandaban os novos tempos. Tamén quedaron fixadas as funcións administrativas, a organización do exercito e a actividade lexislativa.
 
== As Guerrasguerras Médicasmédicas ==
{{Artigo principal|Guerras Médicasmédicas}}
 
Son as guerras que libraron os gregos para defender a súa independencia do expansionismo do [[Imperio Persa]]. O nome de ''medos'' é unha inexactitude histórica, xa que estes foron vencidos polos persas no 550 a. C. e daquela [[Ciro II]] fundou un imperio rexido pola súa dinastía, a [[Aqueménida]], con manifesta vontade universalista. Unificou Oriente, respectando as culturas dos diversos pobos que ía conquistando, baixo a súa autoridade e creou un vasto espazo económico que favoreceu as actividades mercantís e a xeración de riqueza. O Imperio estendíase dende [[Tripolitania]] e o Exeo deica o [[Indo]], e dende as beiras do [[Mar Caspio]] e [[mar de Aral|Aral]] até o [[mar de Arabia]]. Os persas propuxéronse conquistar Europa. Instaláronse a outra banda do [[Bósforo]], dende [[Tracia]] ate [[Quersoneso]]. E alí foi onde se produciu o choque cos gregos.