Clunia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
Bérber.
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 36:
 
=== O teatro ===
[[Ficheiro:Teatro de Clunia 01.JPG|Teatro romano|miniatura|Vista parcial do Teatro romano de Clunia]]
O resto máis significativo é o [[Teatro romano|teatro]], escavado na rocha, que tivo capacidade para 10.000 espectadores, o que o convertía nun dos maiores da súa época en ''[[Hispania]]''. Tiña a finalidade de servir para a interpretación de actos teatrais do período clásico. A súa recuperación foi merecedora do premio na sección de ''Restauración e rehabilitación'' outorgado polos Premios bianuais de Arquitectura de [[Castela e León]] de 2004-2005. O xurado destacou «a respectuosa recuperación do teatro e o tratamento paisaxístico xeral».
 
=== O foro ===
[[Ficheiro:Mosaico de Clunia 03.JPG|Mosaico|miniatura|Mosaico da ''domus'' do foro da cidade de Clunia.]]
O centro das cidades romanas alí onde se cruzaban ''Cardus Maximus'' e ''[[Decumanus Maximus]]'', acolle frecuentemente o foro da cidade, unha praza pública rodeada de pórticos. Nel desenvolvíanse actividades políticas, comerciais, xudiciais e, habitualmente, tamén relixiosas. En Clunia, o foro encóntrase non moi lonxe do teatro, en cuxas inmediacións destacan os restos de tres ''domus'', unha ''basílica'' e un ''macellum'' (mercado). Chaman a atención os mosaicos, as estanzas subterráneas e os sistemas de calefacción dalgunhas destas casas. Sobre o mercado edificouse no século XVII unha ermida de escaso valor artístico, danando os depósitos.