Río Mississippi: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 161:
O curso superior do Mississippi (''Upper Mississippi River'') vai desde as [[fervenza]]s de Saint Anthony (en [[Minneapolis, Minnesota|Minneapolis]]) á desembocadura do [[río Ohio]], preto da cidade de [[Cairo, Illinois|Cairo]] no estado de [[Illinois]]. Percorre 1.462&nbsp;km seguindo unha traxectoria en dirección sur-este. O réxime do río é [[Alimentación fluvial|pluvionival]] con crecidas na primavera e choivas tempestuosas no verán.<ref name="Bethemont31"/> O [[Curso de auga|canle]] ensánchase considerablemente logo da confluencia do [[río Minnesota]]. O río atravesa un [[val]] profundo cavado en leitos sedimentarios nunha rexión que non foi afectada polos [[glaciar]]es de [[Wisconsin]]. O [[lago Pepin]], que se formou fai preto de 9.500 anos, esténdese ao longo duns 35&nbsp;km de lonxitude cunha profundidade media de cinco metros. Ten a capacidade de reter unha parte dos sedimentos e da polución que provén da parte máis elevada.
 
[[Ficheiro:Miss R dam 27.jpg|220px|rigth|miniatura|O río Mississippi na súa [[confluencia]] co [[río Missouri]], ao sur de [[St. Louis, Missouri|St. Louis]].]]
 
Xusto ao norte de [[St. Louis, Missouri|St. Louis]], o Mississippi atópase co [[río Missouri]] proveniente do leste. As augas do Missouri están cargadas de sedimentos e de partículas arrincadas pola [[erosión]]. Nas décadas de 1950 e 1960 a construción de grandes [[encoro]]s na conca hidrográfica do Missouri formou depósitos que reteñen os aluvións. Os acondicionamentos humanos afectaron amplamente ao Mississippi superior e a súa [[chaira aluvial]].