Aníbal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Infancia: arranxiños
m →‎Cara a Roma: arranxiños
Liña 61:
Malia a oposición dos nativos ([[Galia#As Galias|galos cisalpinos]]) e da dureza do descenso, logrou cruzar os [[Alpes]] pisando por fin chan romano, dando ao traste cos intentos dos romanos de manter o seu territorio á marxe da guerra. Pero as baixas foran terribles; non quedándolle máis que 20.000 infantes, 6.000 cabalos e 37 elefantes para facer fronte a un pobo que podía opoñerlle un exército de 800.000 soldados.
 
Tras un pequeno descanso para reparar o seu exhausto exército, enfrontouse aos taurinos (de Taurini, a actual [[Turín]]), derrotándoos e proseguindo o seu avance ao longo do [[río Po]] obrigando aos romanos a evacuar a [[Lombardía]] pola superioridade da súa cabalería. A maior parte dos galos cisalpinos (celtas), que conservaban a xenreira da recente derrota sufrida a mans dos romanos, incorporáronse ao exército de Aníbal, sobre todo trala súa vitoria na [[batalla do Trebia]], río afluente do Po, en decembro de [[-219|219 a.C.]] nas proximidades de [[Placencia]], primeira batalla formal entre Aníbal e os romanos da [[Segundasegunda Guerraguerra Púnicapúnica]].
 
Trala vitoria e asegurada a súa posición, Aníbal decidiu acuartelar as súas tropas para invernar, pero sospeitando a deserción dos galos, determinou atravesar os [[Apeninos]] buscando ao sur unha base de operacións máis segura. Marchou na primavera de [[-217|217 a.C.]] sobre [[Arezzo]], axiña que como llo permitiu a estación, seguindo os camiños pantanosos ao longo dos ríos [[Arno]] e [[Clani]] que se atopaban naquela época do ano case intransitables. A causa do frío e da falta de descanso perdeu un ollo e durante un tempo foi levado en padiola.