Guerras púnicas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 16:
Como último paso Escipión afronta a invasión de África para afastar a Aníbal de Roma, táctica exitosa ao reclamar Cartago a axuda do xeneral bárcida, xa en territorio púnico e rotas unhas infrutuosas negociacións desátase a batalla de [[Zama]] ([[-202|202 a.C.]]) na que Aníbal cun exército maior ao romano pero moito menos experimentado e en inferioridade na cabalería se enfronta a un mozo Escipión que logra contrarrestar os elefantes nunha gran vitoria romana que supón o fin do imperio púnico e o nacemento do gran imperio romano que chegará a dominar todo o mediterráneo. Nesta batalla Publio Cornelio Escipión recibe o cognomen de ''Africanus''.
 
== Terceira Guerraguerra Púnicapúnica ==
{{Artigo principal|Terceira Guerraguerra Púnicapúnica}}
Os cartaxineses tras un período de leve florecemento pagan as débedas de guerra que contraeran con Roma e, a pesar da necesidade de Aníbal de exiliarse, reármanse para facer fronte aos ataques do rei de [[Numidia]]. Roma temendo un rebrote do poderío militar púnico e seguindo a política de [[Catón]] (''Delenda est Carthago''), comeza no ano [[-149|149 a. C.]] un asedio que durará tres anos con [[Escipión Emiliano]], fillo de Publio Cornelio Escipión, á fronte. O resultado é que a cidade e Cartago outrora cidade máis poderosa do mediterráneo é arrasada e convértese en provincia romana.