Chocolate: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m →‎O século XVIII: Carlos VI, Sacro Emperador Romano-Xermánico
Liña 66:
=== O século XVIII ===
* Para preparar o chocolate era indispensable o muíño: un batedor de madeira co que se revolvía a bebida de cacao para facela máis homoxénea, aveludada e espumosa. O proceso de elaboración desenvolvido polos españois a comezos do século XVIII consistía no seguinte: unha vez torrado, descascarillado e moído, a masa do cacao era moída ata deixala convertida nunha fina pasta e mesturada con moitísimo azucre, canela, vainilla, almizcle e colorantes. Dábase ao chocolate forma de bloques, pero aínda así utilizábase basicamente para preparar bebidas e apenas se empregaba como [[caramelo|lambetada]] ou para facer [[pastel|pasteis]].
* En 1711, [[Carlos VI, deSacro AlemañaEmperador Romano-Xermánico|Carlos VI]], pretendente á coroa de España na guerra de sucesión, convértese en emperador austríaco e trasládase de [[Madrid]] a [[Viena]], levando a afección española polo chocolate á capital austríaca. [[Viena]] fíxose famosa polas súas exquisitas cuncas de chocolate servido con vasos de auga fresca.
* En 1755 os estadounidenses descobren o chocolate. A primeira fábrica foi fundada en 1765. Quaker Milton Hershey introduce a barra de chocolate con leite e améndoas a principios do século XX.
* Aos europeos encantáballes o novo sabor e tamén lles atraían as supostas propiedades curativas do chocolate. En 1763, os cervexeiros [[Gran Bretaña|británicos]] sentíronse tan ameazados pola crecente popularidade deste produto, que pediron que se ditaran leis para limitar a súa fabricación. A feroz competencia na industria chocolateira conduciu a que algúns lle engadisen [[amidón]] para que rendese máis e os ingleses ata lle agregaban un trisco de ladrillo pulverizado para intensificar a súa cor. A demanda de chocolate de mellor calidade e sabor seguía aumentando.