Orraca de Galicia, Castela e León: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Unhanova (conversa | contribucións)
Liña 58:
 
== Afianzamento do seu reinado ==
En 1115, roto xa o matrimonio con Afonso o Batallador e expulsado este dos seus reinos, Urraca exerce plenamente as funcións rexias. No que atinxe a Galicia, acada un acordo con bispo de Compostela no que é recoñecida como raíña, sen prexuízo da condición real do seu fillo, a quen se lle asigna o goberno do reino de Toledo. O levantamento dos burgueses de Santiago, que chegan a aldraxar a raíña na praza pública e a poñer en fuga aoo arcebispo, propiciaron o entendemento.
 
Tamén contribuíron ao acordo as arelas de Tareixa de Portugal a unha maior autonomía da coroa de León, así como as súas incursións ao norte do río [[Río Miño|Miño]]. Deste xeito, en 1121 un exército galaico-leonés ao mando de Urraca e Xelmírez puxo sitio a Tareixa no castelo de [[Lanhoso]] e impuxo a súa autoridade alén do [[río Douro]].