Diferenzas entre revisións de «Queixo»

sen resumo de edición
(Corrixiuse o xénero do topónimo "Asia".)
 
== Aspectos culturais ==
[[Ficheiro:Betanzos-feira-05.jpg|miniatura|Queixos galegos na feira de [[Betanzos]]|miniatura]]
O queixo non ten unha presenza significativa na cociña asiática, nin como alimento diario, nin como ingrediente noutros pratos. A razón foi estudada polo [[antropoloxía|antropógo]] [[EEUU|estadounidense]] [[Marvin Harris]], quen recoñece que o seu rexeitamente ten unha orixe [[xenética]] (o predominio xenético da [[intolerancia á lactosa]] na poboación adulta, que en cambio é escaso na poboación indoeuropea), aínda que non rexeita atoparlle á súa vez unha causa ecosocial: {{cita|China nunca aceptou os produtos lácteos. Os chineses consideran co leite é unha secreción noxenta e que beberse un vaso é como beber un vaso de saliva. Preto do 90% dos chineses e dos pobos non gandeiros habitantes da Asia oriental carecen de [[lactase]] suficiente para dixerir leite sen fermentar na idade adulta. Pero obsérvese que a resposta á pregunta de por que os chineses aborrecen o leite non pode ser sinxelamente que é porque lles fai dano. Se adoptasen a produción de leite como unha modalidade de produción de alimentos, os chineses, do mesmo xeito cos habitantes da Asia meridional, poderían superar con facilidade a súa insuficiencia de lactosa, consumindo fermentados... A resposta está relacionada coa diferenza entre as limitacións e as oportunidades ecolóxicas dos hábitats chinés e indio, e debe darse en termos de selección cultural, e non de selección natural... China, para conseguir os animais de tracción que necesitaba, dependía do comercio cos pastores do interior de [[Asia]]. Por esta razón os agricultores chineses non tiñan motivos para criar vacas nos seus pobos. Se non hai vacas, non pode haber leite nin cociña baseada nela... Na China os [[porco]]s ocupan o principal nicho cárnico... a carne e o touciño de porco son á cociña chinesa o que o leite e a manteiga á india''.<ref>HARRIS, Marvin (1991) ''Nuestra Especie'', "Por una vez, los genes" pg. 163-166 Madrid, Alianza. ISBN 84-206-9633-1</ref>}}