Exposición Rexional Galega: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 2:
As Exposicións Rexionais consistiron nunha serie de certames levados a cabo en [[Galicia]] desde finais do século XIX até ben entrado o século XX. Tratábanse de certames de diversos tipos: agrícola, literario, artístico (pintura, escultura, arquitectura etc.), industrial, gastronómico etc.
 
Fronte ao urbanismo no resto da Península, en Galicia a situación era dun atraso económico e técnico, como podemos apreciar no minifundismo, na ignorancia do labrego e no corte tradicional da industria. Con todo, coas innovacións alcanzadas nas Exposicións universaisUniversais (como a de Londres en 1851) e coa incipiente burguesía galega, conseguiuse motivar a industria e a economía, así como o interese por movementos científicos e artísticos.
 
Así, aparecen estas Exposicións galegas, promovidas pola revista da [[Sociedade Económica de Amigos do País]] e o xornal "''La Esposición Compostelana"''. Seguindo o modelo de distintos certames que tiveron lugar en España e no estranxeiro, pretendían avaliar o alcance e a competitividade dos nosos produtos, e tamén estimular a cultura, a agricultura e a industria<ref>http://www.revistamurguia.com/?p=1527</ref>. 
 
== A actividade da comisión mixta ==
Como núcleo organizativo estaba a [[comisión mixta]], formada por representantes do Concello e da [[Sociedade Económica de Amigos do País]], cuxa tarefa era promocionar a Exposición. Ademais, tamén era importante reclamar unha atención na sociedade e conseguir a súa adhesión (incluso se conseguiu alcanzar a adhesión da Igrexa). Para isto, contaron coa axuda do xa citado periódico "''La Esposición Compostelana"''.
 
Canto a súa actividade, materialízase a súa actuación na elaboración do programa dos certames, na busca dun local para as mostras e a forma máis pertinente de xuntar os obxectos expostos.
Liña 35:
A celebración desta exposición débese á iniciativa que levou a cabo a Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago. O seu director, Antonio Casares, propuxo unha exposición pública, agrícola, industrial e artística, coa contribución económica do Concello. Esta proposta aprobouse e constituíuse unha comisión para a elaboración dos plans do Certame, o cal sería financiado polo Concello.
 
Os obxetivos principais da Exposición foron, en primeiro lugar, a necesidade de pór en relación directa aos propietarios e fabricantes para comparar o nivel dos seus traballo, da súa experiencia e coñecementos. Ademais, sería unha oportunidade para dar a coñecer a riqueza e variedade do seu solo e fomentar a formación de novas empresas. O encargado de divulgar estas propostas é o xornal "''La Esposición Compostelana"''.
 
Para [[Domingo Gorostola]], a Exposición serviría como medio para a comprobación dos recursos de Galicia para saír do seu atraso e incultura.
Liña 41:
Para levar a cabo esta Exposición, foi necesaria a constitución da xa citada comisión mixta (enlace).
 
Co esforzo de todas as institucións implicadas, o certame rexional tivo lugar do 24 ao 27 de Xullo de 1858. Esta Exposición constituía unha mostra do nivel de produción dos sectores primario, secundario e das [[Belas Artes]]. A intención do Concurso era a de «reunir nel mostras non só producidas en Galicia, senón tamén do que cría e utiliza nos seus vales e montes» (RAG «Sesión de Esposición». ''La ExposiciónEsposición Compostelana...'', n. º 3, 16 de maio, 1858).
 
No desenvolvemento da Exposición, interviron tamén unha serie de condicionamentos estruturais vixentes no campo galego. En primeiro lugar, a falta dunha rede viaria aceptábel, o que encarecía o transporte de mercancías. No [[sector primario]], a subdivisión da propiedade en innumerábeis arrendatarios obstaculizaba a concorrencia masiva á Exposición. Tamén o carácter fraccionado das industrias fixo que se regulase a presenza do [[sector secundario]] no Certame.