Historia da Unión Soviética: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 44:
O Exército Vermello, apoiado pola poboación civil, conseguiu dete-lo avance alemán. Coa vitoria sobre a ocupación alemá en [[Stalingrado]] ([[1943]]), a moral do exército soviético aumentou aínda máis; pouco despois, [[Minsk]] e [[Kursk]] tamén foron liberadas. Trala ofensiva soviética, conseguiron a expulsión e derrota das forzas alemás e a captura de [[Berlín]] ([[abril]] de [[1945]]).
 
Os resultados da guerra foron desastrosos en perdas humanas e materiais. A URSS foi o país que máis homes perdeu durante a [[Segundasegunda Guerraguerra Mundialmundial]] (27 millóns aproximadamente). No entanto, tamén anexionou 500.000 Km² de territorio.
 
A nova relación cos Gobernos aliados —que na [[Conferencia de Teherán]] ([[novembro]] de [[1943]]) e na [[Conferencia de Potsdam|Potsdam]] ([[xullo]] de 1945) concederon unha «zona de influencia política» á URSS— aconsellou a Stalin a disolución do Komintern (maio de 1943). O carácter socialista dos réximes que se foron establecendo ao remata-la guerra en [[Europa Oriental]] acabou co illamento político-xeográfico da URSS.