Exposición Rexional Galega: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 3:
{{formato de referencias}}
== Introdución ==
As Exposicións Rexionais consistiron nunha serie de certames levados a cabo en [[Galicia]] desde finais do século xixXIX até ben entrado o século xxXX. Tratábanse de certames de diversos tipos: agrícola, literario, artístico (pintura, escultura, arquitectura etc.), industrial, gastronómico etc.
 
Fronte ao urbanismo no resto da Península, en Galicia a situación era dun atraso económico e técnico, como podemos apreciar no minifundismo, na ignorancia do labrego e no corte tradicional da industria. Con todo, coas innovacións alcanzadas nas Exposicións universais (como a de Londres en 1851) e coa incipiente burguesía galega, conseguiuse motivar a industria e a economía, así como o interese por movementos científicos e artísticos.
 
Así, aparecen estas Exposicións galegas, promovidas pola revista da [[Sociedade Económica de Amigos do País]] e o xornal "La Esposición Compostelana". Seguindo o modelo de distintos certames que tiveron lugar en España e no estranxeiro, pretendían avaliar o alcance e a competitividade dos nosos produtos, e tamén estimular a cultura, a agricultura e a industria<ref>http://www.revistamurguia.com/?p=1527</ref>. 
 
== A actividade da [[comisión mixta]] ==
Como núcleo organizativo estaba a comisión mixta, formada por representantes do Concello e da [[Sociedade Económica de Amigos do País]], cuxa tarefa era promocionar a Exposición. Ademais, tamén era importante reclamar unha atención na sociedade e conseguir a súa adhesión (incluso se conseguiu alcanzar a adhesión da Igrexa). Para isto, contaron coa axuda do periódico "La Esposición Compostelana".
 
Canto a súa actividade, materialízase a súa actuación na elaboración do programa dos certames, na busca dun local para as mostras e a forma máis pertinente de xuntar os obxectos expostos.
Liña 19:
 
=== Escuelas de Artes y Oficios ===
As [[Escolas de Artes e Oficios]] eran unhas institucións educativas dedicadas á ensinanza das artes aplicadas e dos oficios artísticos que constituían un tipo de formación profesional no ámbito das actividades artesanais e artísticas. O seu obxectivo primordial consistía na formación técnica do obreiro ou artesán, e/ou perfeccionamento dun oficio. Nalgúns centros de Galicia, tamén eran obxectivos espertar o espírito de empresa e lograr a igualdade de clases.
 
Estes centros de educación técnica xorden en Galicia a finais do século xixXIX, e a súa creación débese a iniciativas oficiais (Escolas de Artes e Oficios) ou a iniciativas privadas (Sociedades Económicas de Amigos do País). En Galicia hai exemplos de todas elas: de iniciativa estatal, a de [[Santiago de Compostela]]; dunha sociedade privada de artesáns, a de [[Vigo]]; da Sociedade Económica de Amigos do País, a de [[Pontevedra]] etc.
 
Para facer unha relación entre as Exposicións Rexionais e as Escolas de Artes e Oficios temos de falar das excursións escolares. Como actividades didácticas e pedagóxicas –coa influencia da [[Institución Libre de Ensinanza–Ensinanza]]–, realizáronse múltiples excursións, nas cales se asistía a diferentes exposicións.
 
Dentro da participación destas Escolas nas Exposicións, no ámbito galego, destaca a Escola de Artes e Oficios de Santiago (recibe o Premio de Honor en 1906), así como a Escola de Vigo, a cal tivo un papel destacado na [[Exposición de Arte Galega de 1924]].
 
As Exposicións servíronlles ás Escolas para múltiples fins: dar a coñecer obras de profesores e alumnos, estudar novas tendencias, novas metodoloxías de ensinanza, entrar en contacto coas innovacións industriais, pór en manifesto a relación entre arte e industria etc.
Liña 38:
A celebración desta exposición débese á iniciativa que levou a cabo a Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago. O seu director, Antonio Casares, propuxo unha exposición pública, agrícola, industrial e artística, coa contribución económica do Concello. Esta proposta aprobouse e constituíuse unha comisión para a elaboración dos plans do Certame, o cal sería financiado polo Concello.
 
Os obxetivos principais da Exposición foron, en primeiro lugar, a necesidade de pór en relación directa aos propietarios e fabricantes para comparar o nivel dos seus traballo, da súa experiencia e coñecementos. Ademais, sería unha oportunidade para dar a coñecer a riqueza e variedade do seu solo e fomentar a formación de novas empresas. O encargado de divulgar estas propostas é o xornal "La Esposición Compostelana".
 
Para [[Domingo Gorostola]], a Exposición serviría como medio para a comprobación dos recursos de Galicia para saír do seu atraso e incultura.
 
Para levar a cabo esta Exposición, foi necesaria a constitución da xa citada comisión mixta (enlace).
 
Co esforzo de todas as institucións implicadas, o certame rexional tivo lugar do 24 ao 27 de Xullo de 1858. Esta Exposición constituía unha mostra do nivel de produción dos sectores primario, secundario e das [[Belas Artes]]. A intención do Concurso era a de «reunir nel mostras non só producidas en Galicia, senón tamén do que cría e utiliza nos seus vales e montes» (R.A.G.RAG «Sesión de Esposición». ''La Exposición Compostelana...'', n. º 3, 16 de maio, 1858).
 
No desenvolvemento da Exposición, interviron tamén unha serie de condicionamentos estruturais vixentes no campo galego. En primeiro lugar, a falta dunha rede viaria aceptábel, o que encarecía o transporte de mercancías. No [[sector primario]], a subdivisión da propiedade en innumerábeis arrendatarios obstaculizaba a concorrencia masiva á Exposición. Tamén o carácter fraccionado das industrias fixo que se regulase a presenza do [[sector secundario]] no Certame.
 
Finalmente, a Exposición volveu abrirse ao público o día 9 de setembro, con motivo da visita da Raíña á cidade. 
 
=== Exposición de 1880 ===
Esta [[Exposición Rexional de 1880 | Exposición Rexional]] celebrada en 1880 en Pontevedra, foi promovida polo gobernador civil [[Filiberto Abelardo Díaz]] e desenvolvida na casa consistorial, inaugurada nese mesmo ano, concretamente no [[convento de San Bartolomeu]] (edificio que fora usado como instituto e que por entón acollía o hospicio) e na Alameda. A Exposición foi visitada por unhas 16000 persoas.
 
Dentro da Exposición, houbo mostras de gastronomía –instaláronse fábricas de cervexa, chocolate, queixos etc.­–, curtidos, cerámica e olaría, tecidos e ferramentas. Tamén hai que destacar a orfebrería de Santiago de Compostela e o encaixe de Camariñas e Noia, así como as miniaturas, gravados e traballos tipográficos.
Liña 58:
 
=== Exposición de 1909 ===
O 24 de xullo de 1909, o rei [[Alfonso XIII]] inauguraba en Santiago a Exposición Rexional Galega, pola que haberían de pasar máis de 50.000 visitantes (concretamente, uns 53.775), o dobre da poboación que naqueles días tiña a cidade. O acto de inauguración do certame foi todo un acontecemento social para a comunidade galega en xeral. O xornal local "El Eco de Santiago" publicou un número extraordinario o 25 de xullo en homenaxe á exposición, co cartel oficial desta.
 
Xa tiveran lugar dúas importantes exposicións en 1858 e 1875 na cidade de Santiago, mais ningunha tivo tan grande repercusión como a que se celebrou en 1909, coincidindo co [[Ano Santo]], entre os meses de xullo e novembro.
 
Aínda que foi levada a cabo con diñeiro público, contou con moitos respaldos, como o do cardeal Martín de Herrera, e por subvencións do Estado e do Goberno e, especialmente, do ministro de Fomento, que proporcionou instalacións propias.
Liña 140:
 
=== Exposicións nacionais e universais ===
Ao elevado número de exposicións que se dan en Galicia (e España) no século XIX a nivel rexional e provincial, pódeselles aplicar o comentario que mereceu a [[Gran Exposición Universal de Londres de 1851]], exemplo do progreso humano. Esta exposición deixou patente a potencialidade do Estado británico no resto do mundo. Quizais, a característica máis sobresaínte foi a de servir como laboratorio ou experimento dos cambios urbanos que se ían dar nas grandes capitais europeas coa aparición dos primeiros ensanches contemporáneos.
 
Tamén foi importante a [[Exposición Universal de París (1889) | Exposition Universelle de 1889]], simbolizada na súa emblemática [[Torre Eiffel | Tour Eiffel]]. Sobre esta exposición, a autora galega [[Emilia Pardo Bazán]] deixou cosntancia do
 
 “progreso general muy efectivo, aunque lento y casi insensible, en las naciones atrasadas (…). Pero eso no tingue España por su exhibición industrial. Caldos, aceites, chocolates…; en eso sí nos llevamos la palma (…). Pero eso no es industria: lo brinda la propia naturaleza, lo regalan el sol, el aire y la rutina laboriosa de una raza agrícola por excelencia.”
Liña 148:
Outras influencias para as Exposicións galegas foron as celebradas en España, a nivel nacional e internacional, aínda que a tardanza de aparición dunha convocatoria internacional de certame expositivo é un dos síntomas da pouca integración que España tiña no comercio europeo e, polo tanto, do seu atraso industrial en relación directa con estados como Francia ou Inglaterra.
 
Así, aparece a [[Exposición Universal de Barcelona de 1888]], como vehículo de propaganda da cidade, propaganda da burguesía catalá, propaganda da festa da cidade.
 
Máis tarde, a seguinte [[Exposición Internacional foi a de Zaragoza en 1908]], sendo precedente moi importante para os organizadores da Exposición Rexional Galega de 1909, así como da exposición celebrada ese mesmo ano na cidade de Valencia.
 
=== Outras exposicións ===
Ademais das xa desenvolvidas anteriormente, leváronse a cabo outras exposicións de carácter rexional: en 1875, a [[Exposición Rexional e Industrial e Artística de Galicia de Santiago de Compostela]], e en 1896, a [[Exposición Rexional de Lugo]].
 
Neste apartado, destacamos a [[Exposición de Lugo de 1877]], por contar cun Certame Literario.
 
Segundo o programa, este Certame dividíase en dous grupos. No primeiro, os temas que se tratarían son os seguintes: o estudo histórico sobre o privilexio da Catedral de Lugo; os escritos de Don Juan Francisco de Castro; estudos sobre poesía, música e baile galegos; e lendas, novelas e dramas da tradición galega. O segundo grupo, centraríase na realización de memorias de temas como as reformas dos cultivos, os viños da comarca, a importancia da piscicultura ou as augas minerais de Galicia.
Liña 169:
|Como artista, tampoco tiene recursos la mujer española. La costumbre y su falta de conocimientos le cierran las puertas de la arquitectura y la escultura; como pintora, hace algunas copias, pinta abanicos, cajas o loza; pero sus obras, de escaso mérito, puede decirse que son una rara excepción, porque la regla general es que las de esta clase las hacen los hombres.
 
[[Concepción Arenal]], 1895
|}
 
Liña 176:
Ademais, son escasos os estudos historiográficos da muller pintora, sen ter en conta a súa colaboración na evolución artística das vangardas.
 
Como xa puxeron de manifesto autores como Manuel Murguía, as posibilidades de que a muller aspirase a unha vida laboral artística eran escasas. É por iso que, ante a dificultade da muller cara a súa incorporación ás Belas Artes, aparecen institucións como a Sociedade Económica de Santiago de Compostela (1784) e a [[Academia provincial de Belas Artes de A Coruña]], así como outras Escolas de Artes e Oficios.
 
Se les enseñará con preferencia el dibujo de adorno, como más necesario a laslabores de su sexo, quedando no obstante en libertad la que quiera dedicarse al dibujo natural previo consentimiento de sus padres o encargados.
 
Por outra parte, algunhas mulleres tamén optaron pola ensinanza particular, como foi o caso de [[Carmen Babiano]] (Pontevedra, 1852-1914), [[Elina Molíns]] (Vigo, 1875-1956), [[María Corredoira]] (A Coruña, 1853-1970), [[Elvira Santiso]] (Betanzos, 1872-1961) e [[M. ª Dolores Díaz Baliño]] (A Coruña, 1905-1963).
 
Hai que ter en conta que todas estas mulleres tiveron que renunciar a unha vida familiar para poder exercer a súa vocación. Ademais, non é de pouca importancia, o feito de que pertencían a unha clase media burguesa.