Diferenzas entre revisións de «Parede»

sen resumo de edición
m (→‎Outros artigos: {{Control de autoridades}})
 
== Materiais e acabados ==
[[Ficheiro:Glass Partition Wall.jpg|dereita|thumb|miniatura|Parede de [[vidro]].]]
Unha parede pode estar construída de diversos materiais, porén, actualmente os materiais máis empregados son [[ladrillo|tixolo]] e o [[cartón xeso]], sendo menos frecuentes a [[madeira]] e os seus derivados. En determinadas zonas do planeta aínda seguen a empregar técnicas ancestrais como as paredes de [[pedra]], [[adobe]] ou [[tapal]]<ref>''Léxico de urbanismo, construcción e arquitectura'', Vigo, COAG-Concello de [[Vigo]], 1998</ref>. En climas máis benignos, as paredes puoden elaborarse con materiais máis lixeiros, ou estar conformadas por todo tipo de plantas (como a cana de [[bambú]]). Na casa tradicional galega as paredes de carga ou muros adoitaban construirse en pedra, pola abundancia deste material no país; porén os tabiques internos de división da casa soían ser se madeira ou de madeira/xeso antes da chegada do [[ladrillo|tixolo]]. No caso dos cerramentos téxtiles, como os das ''carpas'' ou as tendas de campaña, suporía o límite do concepto "parede", pois aínda que seguirían cumprindo as funcións de separación e protección, carecerían da cualidade de rixidez inherente ao concepto de ''parede''.