Fortaleza do Castro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Historia: arranxiños
m →‎Historia: arranxiños
Liña 15:
Despois de varios intentos de as mellorar, Vigo sofre a sonada [[batalla de Rande]] (23-24 de outubro de 1702) en plena [[Guerra de sucesión española|guerra de sucesión]], onde os invasores desembarcaron e saquearon novamente a vila. Despois disto houbo varios intentos inútiles de fortificación da vila. Cen anos despois, en 1809, o castelo do Castro volve ser protagonista debido á invasión dos franceses encabezada por [[Napoleón Bonaparte]], onde el 28 de marzo, a fortaleza é reconquistada polos vigueses tras unha dura e heroica batalla, trala cal os franceses se renden. A vila dende entón pasa a ter o título de "Fiel, Leal e Valorosa".
[[Ficheiro:CastroFortress4.jpg|miniatura|[[Cruceiro]] no interior do forte.]]
Dise que dende a fortaleza partían varios túneles que comunicaban con distintos puntos da cidade, como co castelo de San Sebastián, o centro histórico e incluso se conta que co [[monte da Guía]] situado a máis de tres quilómetros, pouco antes do [[estreito de Rande]]. Aínda se poden ver restos na fortaleza de San Sebastián e hai poucos anos se atoparon restos deles na achegada rúa de Celso Emilio Ferreiro. A carón das murallas do castelo do Castro, até non hai moito tempo, era perfectamente visíbel a entrada dun destes túneles, onde se conta que se practicaron execucións durante a [[Guerraguerra Civilcivil Españolaespañola]].
 
== Características ==