Otto von Bismarck: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Anos
Liña 235:
En setembro de 1861, Bismarck criticou a visión negativista que ofrecía o programa político do partido conservador,<ref name="Mooms11">Mommsen, Wilhelm, “Embajador en Frankfurt, San Petersburgo y París”..., páx. 54</ref> pois se limitaba a dicir que non era o que non quería. Na súa opinión,<ref name="Heinrich" /> a idea de solidariedade entre os intereses conservadores constituía unha perigosa ficción; atacou a "patraña da soberanía" dos príncipes alemáns e defendeu certas institucións comúns.<ref name="Mooms11" /> "Ademais, non entendo por que retrocedemos como [[donicela]]s ante a idea de que exista unha representación popular, xa sexa no seo da Confederación ou nun Parlamento da Unión Aduaneira".<ref name="Mooms11" />
 
Con esta idea da representación popular, Bismarck pretendía atemorizar aos gobernos dos restantes Estados alemáns e ao mesmo tempo confluír con esa poderosa corrente da época que fomentaba os [[Nacionalismo|sentimentos nacionalistas]].<ref name="Mooms11" /> Foi el o primeiro en expresar a [[Unificación Alemáalemá|idea de unificar Alemaña]], excluíndo a [[Austria]], e esbozou un intento de solucionar o problema coa axuda dunha [[Asemblea constituínte|Asemblea Nacional]].<ref name="Mooms11" /><ref group=n.>Bismarck tiña unha única forma de pensar con respecto a esta idea e citábaa así: {{Cita|Máis esperanzador é o empeño de conseguir, cos métodos que propiciaron o nacemento da Unión Aduaneira, a concretización doutras institucións nacionais.}}</ref> Bismarck, xa que logo, pensaba que Prusia podería negociar cos restantes Estados á marxe e aínda en contra dos desexos da [[Landtag|Dieta de Frankfort]].
 
Mentres na época da revolución Bismarck recalcaba o seu acentuado prusianismo, agora, nas súas formulacións, identifícanse o interese de Alemaña e o de Prusia. Xa no [[verán]] de [[1860]] afirmaba: