Abrir o menú principal

Cambios

m
[[Ficheiro:Stortinget, Norway.jpg|miniatura|Edificio do parlamento noruegués ou Stortinget, en [[Oslo]].]]
A Noruega é unha [[monarquía parlamentaria|monarquía constitucional]] cun [[Parlamentarismo|sistema parlamentario]] de goberno. As funcións do rei son principalmente cerimoniais, mais posúe unha influencia como o símbolo de unión nacional. Aínda que a constitución de [[1814]] garante poderes executivos importantes ao rei, estes son en case todo caso executados polo consello de estado no nome do rei (consello do rei). A tradición do goberno monárquico noruegués nas súas diversas formas prolóngase até hai máis de mil anos. Noruega formou parte dunha unión con [[Dinamarca]] entre [[1381]] e [[1814]] e posteriormente con [[Suecia]] entre [[1814]] e [[1905]], ano no que se converteu nun estado independente baixo o reinado de [[Haakon VII de Noruega]].
[[Ficheiro:Jens Stoltenberg.jpg|miniatura|esquerda|[[Jens Stoltenberg]], [[Primeiro Ministroministro]] de Noruega dende o [[17 de outubro]] de [[2005]].]]
O consello de estado ou gabinete consta do Primeiro Ministro e o seu consello, nomeado polo rei. Desde [[1884]], o sistema parlamentario asegura que o consello teña aprobación do parlamento, polo que os nomeamentos realizados polo rei son unha simple formalidade. O primeiro ministro, ou ''Statsminster'' (literalmente "ministro do país"), é o xefe do goberno, e nomea un despacho executivo de entre os membros do [[parlamento]] noruegués, que se chama ''Storting'' (literalmente "asemblea grande").
[[Ficheiro:Slottet i Oslo.jpg|miniatura|Pazo Real de Noruega, en [[Oslo]].]]
98.694

edicións