Noruega: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Independencia: arranxiños
Liña 106:
[[Ficheiro:Eidsvoll riksraad 1814.jpeg|miniatura|A Asemblea Nacional de Eidsvoll de [[1814]], de Oscar Wergeland.]]
[[Ficheiro:Oscarsborg Fortress under air attack, 9 April, 1940.jpg|miniatura|A fortaleza de Oscarsborg, no [[Fiorde]] de [[Oslo]], é atacada pola [[Luftwaffe]] o [[9 de abril]] de [[1940]].]]
Cando se asinou o [[Tratado de Kiel]] de [[1814]], era vicerrei de Noruega Cristián Federico, príncipe herdeiro de Dinamarca e Noruega e primo do rei Federico VI. Tanto o príncipe como o estátuder achegáronse politicamente á elite norueguesa que desexaba a independencia. En Eidsvoll realizouse unha asemblea constituínte o [[16 de maio]] de [[1814]], e o [[17 de maio]] asinouse a constitución norueguesa (que se mantén na actualidade) baseada nas ideas da [[Revolución Francesa]], declarouse a independencia e nomeouse a Cristián Federico como monarca. Mais as pretensións de crear un Estado independente tiveron que ser abandonadas polas reivindicacións de [[Suecia]], que non estaba disposta a abandonar o acordado no [[Tratado de Kiel]]. O [[26 de xullo]] deu inicio a Guerraguerra Suecosueco-Norueganoruega, que se centrou nunha campaña sueca ao redor das cidades de Frederikshald e [[Fredrikstad]]. O [[14 de agosto]] de [[1814]] acadouse un acordo na chamada Convención de Moss, que puxo fin á guerra. Polas condicións de paz, Noruega tivo que aceptar unha unión persoal con Suecia (xa non a integración total) e Cristián Federico tivo que abdicar a coroa, mais mantivéronse o parlamento noruegués (Storting) e a Constitución, que tivo que pasar por algunhas emendas que legalizasen a unión con Suecia.
 
Conto a irritación en Noruega foi medrando durante todo o [[século XIX]], e finalmente a unión persoal con Suecia foi disolta en [[1905]], cando o goberno noruegués ofertou o trono de Noruega ao Príncipepríncipe Carlos de Dinamarca. Despois dun plebiscito aprobando o establecemento da [[monarquía]], o parlamento elixiuno o rei unanimemente. Tomou o nome de Haakon VII, seguindo a liñaxe dos reis da Noruega independente.
 
Durante a [[Segundasegunda Guerraguerra Mundialmundial]], a [[Alemaña Nazi]] executa a Operación Weserübung, que invade Noruega e [[Dinamarca]] simultaneamente o [[9 de abril]] de [[1940]]. Dinamarca réndese, mais a Noruega, que posuía unha das maiores frotas marítimas europeas, ademais da súa localización próxima á costa [[Reino Unido|británica]], resiste durante dous meses mentres que as tropas [[Unión Soviética|soviéticas]] entran en territorio noruegués para actuar contra os [[Finlandia|finlandeses]] e cidades como Narvik, Oslo ou Stavanger se vían entre o poder británico e nazi. Igualmente tensa era a situación na fronteira con [[Suecia]], que permaneceu neutra a pesar das frecuentes ameazas de invasión. En [[1949]], Noruega convértese nun dos membros fundadores da [[OTAN]].
 
Na segunda metade do [[século XX]], co desenvolvemento da industria do petróleo, Noruega emerxeu como un dos países máis desenvolvidos do mundo, fortalecendo [[coroa norueguesa|súa moeda]] e desenvolvendo políticas de ben estar social. Foi un dos membros fundadores das [[Nacións Unidas]] e rexeitou mediante referendo o seu ingreso na [[Unión Europea]] en dúas ocasións ([[1972]] e [[1994]]), mais vencellouse a ela coa entrada no área de economía europea.