Noruega: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 101:
Máis tarde, nas [[guerras napoleónicas]], Dinamarca e Noruega mantivéronse aliadas de [[Francia]]. As actividades bélicas en Noruega foron marxinais, e inscribíronse principalmente na serie de escaramuzas que o goberno mantivo fronte ao [[Reino Unido]] na chamada guerra das canoneiras. O desenlace do conflito sería, con todo, de gran transcendencia na historia de Noruega. En [[1814]], a derrota de [[Napoleón]] foi tamén a de Dinamarca-Noruega e o rei [[Federico VI de Dinamarca|Federico VI]] asinou o [[Tratado de Kiel]] o [[14 de xaneiro]] dese ano, polo cal Noruega era cedida a [[Suecia]]. [[Islandia]], as [[Illas Feroe]] e [[Groenlandia]], territorios até entón oficialmente parte de Noruega, non se incluíron no tratado e permaneceron como dominios daneses.
 
O primeiro movemento [[nacionalismo|nacionalista]] da era moderna en Noruega comezou na segunda metade do [[século XVIII]] cando un grupo de estudantes noruegueses da Universidade de Copenhague aglutináronse na chamada Sociedade Norueguesa, un club literario que propugnaba pola fundación dunha universidade norueguesa. Co tempo, a sociedade incluíu a destacados profesores, escritores, poetas e teólogos que influíron na cultura norueguesa da época, fomentando o nacionalismo e a creación literaria que rescataba as raíces populares. A Sociedadesociedade disolveuse en [[1811]] coa fundación da Real Universidade Fredericiana, actualmente Universidade de Oslo. Con todo, o nacionalismo fortaleceuse durante as Guerrasguerras Napoleónicasnapoleónicas por influencia da [[Revolución Francesa]] e a difusión dos ideais da [[Ilustración]] e o [[Liberalismo]].
 
=== Independencia ===