Noruega: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 91:
=== Unión con Dinamarca ===
{{Artigo principal|Dinamarca-Noruega}}
[[Ficheiro:Christian III of Denmark.jpg|miniatura|Cristián III de Dinamarca, rei que introduciu o [[Luteranismoluteranismo]] en Noruega.]]
[[Ficheiro:Norske Selskab Eilif Peterssen.jpg|miniatura|"Unha tarde na Sociedade Norueguesa" de Eilif Peterssen ([[1814]]), agrupación que fomentou en gran medida o nacionalismo noruegués.]]
Trala rotura da [[Unión de Kalmar]], Noruega mantívose unida a Dinamarca. En [[1536]] Cristián III converteuse en rei de Dinamarca tras unha cruenta guerra civil. En Noruega había certa oposición a que Cristián asumise como rei, principalmente pola súa relixión [[luteranismo|luterana]] e a súa inimizade co campesiñado. Este rei introduciu en [[1537]] a reforma protestante en Dinamarca, e en [[1539]] en Noruega, tras ser recoñecido como rei polo consello real. Ese mesmo ano o consello foi disolto e o país perdeu a súa independencia política. A nova Igrexa seguía os ensinos de [[Martiño Lutero]] e tiña como líder ao rei, quen expulsou ás comunidades monásticas católicas e apropiouse de todas as propiedades da Igrexa católica, que en Noruega alcanzaban preto do 40% das terras.