Pablo Picasso: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
m arranxiños
Liña 25:
Picasso comezou o seu percorrido estilístico cunha curta experiencia co [[modernismo]] despois do contacto coa natureza que tivo na súa estadía en [[Horta de Sant Joan]] e a amizade cos artistas cataláns de [[Els Quatre Gats]]. Coas súas primeiras visitas a [[París]], a partir de 1900, comezou a desenvolver un estilo propio, primeiro no "período azul", que se caracteriza por obras feitas en tonalidades azuis, frías e personaxes alongados con expresións tráxicas, influído por [[Vincent van Gogh|Van Gogh]] e [[Paul Gauguin]], que reflectían unha tendencia [[nihilismo|nihilista]]; continuou cun xiro cara a un certo optimismo manifestado por un cambio a cores cálidas e coñecido como "período rosa", nun intre no que Picasso estaba permanentemente instalado en París e no que entrou en contacto con escritores achegados ó [[surrealismo]]. Deste período, son as obras de saltimbanquis, pallasos ou acróbatas de contido máis lixeiro e alegre.
 
A partir de 1908, influenciado polo traballo de Cezanne e pola imaxe en movemento das primeiras filmografías, desenvolveu obras que acadaron quebrar co canon de representación definido no [[Renacemento]]. Apollinaire foi quen chamou ''[[cubismo]]'' o traballo que conxuntamente investigaban Picasso e [[Georges Braque]]. Con obras tan destacadas como ''[[Les demoiselles d'Avignon]]'', Picasso achegou unha nova interpretación da realidade a partir dunha fragmentación da estrutura do obxecto que o levou a experimentar co ''[[collage]]''. Despois dunha incursión polo surrealismo con esculturas de fíos e láminas de metal e pinturas de formas distorsionadas e evocacións mitolóxicas, iniciou a época expresionista claramente influído pola [[Guerraguerra Civilcivil Españolaespañola]] primeiro e pola [[Segunda Guerraguerra Mundialmundial|II Guerraguerra mundial]] máis tarde. Obras coma o ''[[Guernica (cadro)|Guernica]]'' ou ''Mulleres chorando'' reficten o seu sentimento de aflición pola traxedia da guerra. As súas esculturas son, neste período, claramente [[arte abstracta|abstractas]].
 
Na [[década de 1950]], centrouse na [[cerámica]] e en pinturas murais de grandes dimensións. Os seus derradeiros anos adicounos a pintar variacións de obras dos grandes mestres como [[Diego Velázquez|Velázquez]] ou [[Edgar Degas]], a quen coñecera persoalmente e de adquirira unha serie de obras; é unha etapa de madureza que dedicará a traballar na produción de [[litografía]]s.
 
Personalmente posicionado como [[pacifismo|pacifista]], durante a [[Guerra Civilcivil Españolaespañola|Guerraguerra civil]] estivo politicamente comprometido co [[Segunda República Española|goberno republicano]], que o nomeou director do [[Museo do Prado]] en 1936.
 
{{cita|Non, a pintura non é para decorar apartamentos. É unha arma ofensiva e defensiva contra o inimigo.|Entrevista con [[Simone Téry]], 24 de marzo de [[1945]].<ref>The Oxford Dictionary of Thematic Quotations, 2000</ref>}}