Xosé García Barbón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Máis información sobre actividades comerciais
Sen resumo de edición
Liña 17:
 
== Traxectoria ==
Naceu no seo dunha familia rica, e de novo emigrou a [[Cuba]], onde alcanzou o éxito nos negocios, abrindo o seu propio banco. Alí coñeceu a outro inmigrante e empresario, galego, [[Policarpo Sanz]], co que mantivo unha gran amizade toda a súa vida. Xuntos tomaron a iniciativa da sociedade de Beneficencia Natural de Galicia e do [[Centro Galego da Habana]]. A escritora [[María Xosé Queizán]] acúsao na novela ''Amor de tango'' (1992) de [[Comercio de escravos africanos|actividades negreiras]] e de [[trata de brancas]].
[[Ficheiro:A García Barbón, detalle.JPG|miniatura|Monumento de [[Francisco Asorey]] a García Barbón.]]
Con 53 anos de idade, decidiu regresar a Galicia por razóns médicas. Despois de dez anos decidiu instalarse definitivamente en Vigo coa súa irmá e catro sobriños, xa que permaneceu solteiro. Alí, comezou a mercar propiedades para construír grandes edificios como o [[Teatro Rosalía de Castro de Vigo|Teatro Rosalía de Castro]]<ref>O teatro Rosalía de Castro de Vigo ardería en 1910. Sobre as súas cinzas edificouse o [[Teatro García Barbón]], hoxe [[Centro Cultural Afundación Vigo|Centro Cultural Afundación]].</ref> ou a [[Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo|Escola de Artes e Oficios]], e Caridade. En [[1907]] fundou o balneario de [[Cabreiroá, Verín|Cabreiroá]].