Reino de Northumbria: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
m →‎Reinado de Oswald: fiorde x fiordo (segundo http://academia.gal/dicionario/-/termo/fiorde)
Liña 129:
Ao morrer Edwin, Northumbria dividiuse outra vez entre Bernicia, onde [[Eanfrith de Bernicia|Eanfrith]], un fillo de Ætelfrith, se fixo co poder, e Deira, onde gobernaba un primo de Edwin, Osric. [[Cumbria]] tendeu a permanecer unha terra fronteiriza cos [[Bretóns|britanos.]] Os dous monarcas reconvertéronse ao [[Pagán|paganismo]] e ambos morreron en combate un ano despois, mentres [[Cadwallon ap Cadfan|Cadwallon]] seguía a súa devastadora invasión de Northumbria. Despois da morte de Eanfrith, o seu irmán, [[Oswald de Northumbria|Oswald]], apoiado por guerreiros enviados por [[Domnall II de Dalriada|Domnall Brecc]] de [[Dalriada]], derrotou e deu morte a Cadwallon na [[Batalla de Heavenfield]] en [[634]].
 
A partir de entón, Oswald expandiu considerabelmente o seu reino. Incorporou terras de [[Gododdin]] ao norte do [[Estuario de Forth|FiordoFiorde de Forth]] e gradualmente estendeu o seu dominio cara ao oeste, rodeando os reinos de [[Rheged]] e [[Reino de Strathclyde|Strathclyde.]] Por tanto, Northumbria non só formou parte do que hoxe en día é o norte de Inglaterra, senón que tamén cubriu bastante do sueste de [[Escocia]].
 
O rei Oswald reintroduciu o cristianismo no reino, pero esta vez fíxoo encargándolle a [[San Aidan]], un monxe [[Irlanda|irlandés]] da illa [[Escocia|escocesa]] de [[Iona]], a tarefa de converter o seu pobo ao cristianismo. Isto levou á introdución do [[cristianismo celta]], diferente do [[Catolicismo|catolicismo romano.]] Fundouse un [[mosteiro]] en [[Mosteiro de Lindisfarne|Lindisfarne]], probabelmente en honra ao seu par insular de Iona.