As Somozas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 114:
 
== Historia ==
Grazas á súa situación estratéxica, arrodeada de vales e montañas, todo o territorio do concello de Asdas Somozas foi visitado por numerosas culturas ao longo da súa historia.
 
No dominio musulmán, foi imposto un tributo aos seus habitantes, coñecido como Tributo das Cen Doncelas, polo que numerosas mulleres foron apresadas e trasladadas aos seus haréns. Eran despedidas polos seus achegados dende o Monte Marbán. Pénsase que a denominación de 'Somozas' provén dun nobre francés chamado Sumaga, que venceu aos musulmáns e que foi recompensado con terras na zona{{cómpre referencia}}.
 
O territorio das Somozas pertenceu a distintos clans señoriais e a varias xurisdicións. Algúns dos nobres máis importantes que dominaron estas terras foron a Duquesa de Lemos, o Conde de Maceda e o Marqués de San Sadurniño.
 
O concello de Asdas Somozas constituíse no ano 1836, intre no que xurdiron os primeiros concellos constitucionais, formando parte da provincia histórica de Betanzos. Posteriormente, no ano 1845, incorporouse a parroquia de [[Recemel, As Somozas|Recemel]], desvencellándose de Moeche, e, máis tarde, no ano 1895, formáronse as de Enchousas e Seixas, ao se dividir a parroquia principal.
 
Na actualidade, As Somozas é un concello rural, adicado á agricultura e á gandería e arrodeado de vales e montañas que lle proporcionan un clima oceánico con temperaturas agradables.
Liña 132:
 
== Economía ==
A economía, aínda que marcadamente agrícola, vai perdendo peso a medida que vai medrando o [[Polígono Industrial de Asdas Somozas]], onde se localizaron industrias dedicadas ás novas tecnoloxías como a construción de [[aeroxerador]]es e plantas de rexeneración de materiais industriais e [[reciclaxe]] (a maioría do [[chapapote]] do [[Prestige]] será tratado aquí). Tamén conta con explotacións forestais de [[eucalipto]], gando vacún e cultivos de [[kiwi (froita)|kiwi]] e autoconsumo, que como moito, son vendidos nos mercados e feiras de [[Moeche]] e [[As Pontes de García Rodríguez|As Pontes]], transformación da madeira en [[serradoiro]]s e a existencia dunha embotelladora de leite.
 
Case unha cuarta parte dos traballadores viaxan até As Pontes, pois están empregados por [[Endesa]] ou as súas empresas auxiliares.