Oriente Medio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Revolución iraniana
→‎Relevo: texto trducidodesde a wiki .ca:Orient_Mitjà#Relleu
Liña 81:
 
En alemán ''Naher Osten'' (Próximo Oriente) está gañando máis aceptación que ''Mittlerer Osten''; igualmente en linguas eslavas como o ruso onde Ближний Восток (''Blizhniy Vostok'') ten máis aceptación que Средний Восток. Noutros idiomas a ambigüidade do galego Oriente Medio/Oriente Próximo repítese en francés: ''Moyen-Orient / Proche-Orient'', italiano: ''Medio Oriente / Vicino Oriente'', [[Lingua árabe|árabe]]: الشرق الأوسط ''Ash-sharq-l-awsat'' / شرق أدنى, [[Lingua turca|turco]]: ''Orta Doğu / Yakın Doğu'', [[lingua persa|persa]]: خاورمیانه ''Khāvarmiyāneh'' / خاور نزدیک, [[Lingua hebrea|hebreo]]: המזרח התיכון ''Mizraj-Ha-Tijon'' / המזרח הקרוב e ao final é constatable ver que en realidade cada idioma ten unha forma para ambas acepcións.
=== Relevo ===
[[Ficheiro: MountArarat.jpg|miniatura|esquerda|O [[monte Ararat]]]]
[[Ficheiro: Dasht-e Kavir.jpg |miniatura|Dasht-e Kavir o gran deserto de sal do [[Irán]]]]
O Oriente Medio ten principalmente áreas de relevo baixo, aínda que algunhas zonas de Turquía, Irán e Iemen son moi montañosas. O [[Anatolia]] atópase entre dúas cadeas montañosas: [[Montes Pónticos|Pontus]] e [[Montes Tauros|Taurus]]. O monte Ararat, en Turquía, ten unha altura de 5.165&nbsp;metros, e o máis alto na rexión, o [[monte Damavand]], nas [[montañas Elburz]] de Irán, ten unha altura de 5.610&nbsp;metros.<ref>{{Cita libro|título=The Middle East: A Geographical Study |autor=Beaumont, Peter, Gerald H. Blake, J. Malcolm Wagstaff | editorial =David Fulton |ano=1988 |páxinas=19}}</ref> Os [[montes Zagros]] atópanse en Irán, na área da súa fronteira con Iraq. En varias rexións do Iemen as elevacións exceden os 3.700&nbsp;metros, e as terras elevadas esténdense ao longo do [[Mar Vermello]] cara ao [[Líbano]]. O centro de Irán divídese en dúas concas con lagos de sal ocasionais: o norte [[Dasht-e Kavir]] (Gran deserto de sal), e ao sur [[Dasht-e Lut]].
 
Ademais, hai unha [[falla|falla xeolóxica]] ao longo do Mar Vermello, con zonas [[rift]] que crean depresións estruturais con áreas por baixo do nivel do mar.<ref>{{Cita web|url=http://www.llnl.gov/tid/lof/documents/pdf/235042.pdf | título =Preliminary Definition of Geophysical Regions for the Middle East and North Africa |autor=Sweeney, Jerry J., William R. Walter |editor=Lawrence Livermore National Laboratory}}</ref> O [[mar Morto]], situado na fronteira entre a [[Cisxordania]], [[Israel]] e [[Xordania]], esta 418&nbsp;metros por baixo do nivel do mar, o que o converte no punto máis baixo da superficie terrestre.<ref>{{Cita web|url=http://asterweb.jpl.nasa.gov/gallery-detail.asp?name=deadsea | título =ASTER Image Gallery: The Dead Sea |editor=NASA}}</ref>
 
== Notas ==