Sexenio Democrático: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 47:
O primeiro presidente da república foi [[Estanislao Figueras]] e tras a vitoria republicana nas eleccións, a maioría federalista entregou o poder a [[Francesc Pi i Margall]] que puxo en marcha o proxecto da Constitución federal de [[1873]]. Esta constitución establecía a separación entre Estado e Igrexa e un modelo de España a partir dunha federación de 15 (ou 17 con [[Cuba]] e [[Porto Rico]]). Os estados federais serían: [[Andalucía Alta]], [[Andalucía Baixa]], [[Aragón]], [[Castela a Vella]] ([[Castela e León]]), [[Castela a Nova]] ([[Castela-A Mancha]]), [[Cataluña]], [[Estremadura]], [[Galicia]], [[Murcia]], [[Navarra]], [[Comunidade Valenciana|Valencia]], [[Rexións Vascongadas]] ([[País Vasco]]). A estes estados engádenselle: [[Filipinas]], Fernando Poo, Annobón (sito no Golfo de Guinea) e Corisco.
 
España vivía unha situación de permanente conflitividade social e política. As tensións sociais manifestábanse en forma de folgas obreiras, ocupación das terras obreiras e o cantonalismo. Tamén había conflitos militares que obstaculizaban a convivencia: Insurrección de Cuba e a [[Segundasegunda Guerraguerra Carlistacarlista]] ([[1872]]).
 
:* ''O Cantonalismo'' coa saída do goberno de Pi i Margall, (substituído por [[Nicolás Salmerón]]) na presidencia da república deu un xiro conservador. Numerosas poboacións de Valencia, Murcia e Andalucía, declaráronse cantóns independentes. Moitos destes cantóns, declararon a guerra ao Estado central. Estas insurreccións foron reducidas con gran dureza polo goberno central.
Liña 53:
Salmerón dimitiu cando se negou a firmar dúas condenas a morte ditadas para presos culpables de insurrección cantonal. Para suplir a dimisión de Salmerón, as Cortes escolleron a Castellar. Este suspendeu as garantías constitucionais e gobernou por decreto.
 
:* ''A [[Guerra hispano-estadounidense|guerra de Cuba]]'' (1868 - 1878) Os cubanos pasaron das peticións de autonomía a pedir a independencia. Os cubanos co apoio dos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]], non aceptaban o réxime político de España nesta illa.
 
:* ''[[Terceira Guerraguerra Carlistacarlista]]'' (1872 - 1876). O pretendente ao trono, autodenominado como Carlos VII, neto de Carlos María Isidro (V na sucesión da liña carlista) devolveu os foros retirados por [[Filipe V de España|Filipe V]] aos antigos reinos forais. Carlos mobilizou un exército de 45.000 homes que lle permitiu formar goberno en [[Estella]] ([[Navarra]]). Esta guerra comezara meses antes da instauración da [[Primeira República|I República]]. A insurrección tivo éxito en Cataluña, Navarra e País Vasco e noutros puntos illados do resto de España. Pero o estado carlista necesitaba ocupar unha cidade importante para formar un estado sólido. A cidade elixida foi [[Bilbao]], que foi rodeada polo exército. Pero esta cidade resistiu até a chegada das tropas afonsinas. A derrota dos carlistas produciuse en [[1876]], unha vez se restaurou a monarquía liberal de [[Afonso XII]]. As vitorias afonsinas prodúcense até tomar Estella o [[16 de febreiro]] de 1876 polas tropas dirixidas polo xeneral [[Miguel Primo de Rivera]].
 
Carlos VII retírase a [[Francia]] e pon fin a guerra carlista. As consecuencias da derrota carlista centrouse na supresión do foros vascos, creando un movemento que nacería pouco despois, o Nacionalismo Vasco.