Sínodo de Whitby: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 6:
Durante a segunda metade do [[século VI]], monxes irlandeses chegaran a [[Inglaterra]], fundando unha serie de [[Mosteiro|mosteiros]], entre eles o de Iona. Paralelamente, a [[Igrexa católica|Igrexa de Roma]] enviara a varios monxes, entre eles [[Agostiño de Canterbury]], con idéntica misión de evanxelización. As dúas empresas misioneiras terminaron chocando, debido ás fortes discrepancias de ritual, estilo e organización que existían entre ámbalas dúas igrexas. Logo de moitos anos en que Northumbria oscilaba alternativamente entre darlle o favor aos monxes irlandeses ou aos romanos, o rei [[Oswiu de Northumbria]] decidiuse a resolver a cuestión.
 
A historia da reunión é referida por [[Beda|Beda o Venerable]] na súa ''[[Historia ecclesiastica gentis Anglorum|Historia eclesiástica dos ingleses.]]'' Segundo Beda (partidario de Roma), Oswiu preguntaría aos monxes romanos -do anglosaxón Wilfrido, monxe de Rippon, que chegaría a ser bispo de Iork<ref>{{Cita libro|título=El seguimiento radical de Cristo: esbozo histórico de la vida consagrada|apelidos= López Amat|nome=, Alfredo|editorial=Ediciones; Encuentro Sop. A.|ano=1987|ISBN=978-84-7490-172-6|volume=volcit., I|páxina= 113|ref=}}.</ref>- que títulos alegaban para afirmar a súa superioridade xerárquica sobre os monxes irlandeses, ante o cal eles citarían o texto bíblico de [[Evanxeo de Mateo|Mateo]] 16:18-19 ["... ''Ti es Pedro, e sobre esta pedra edificarei a miña igrexa ... Eu dareiche as chaves do reino dos ceos: todo o que ates na terra será atado no ceo, e o que desates na terra será desatado nos ceos''."] engadindo que [[Pedro, papa|Pedro]] chegara logo a ser [[Papa|Bispo de Roma]], e que máis tarde tamén nomeara aos futuros bispos desa cidade como os seus sucesores e únicos herdeiros, e finalmente, que o bispo de Roma enviáraos a eles.
 
Fronte a estas argumentacións, Oswiu preguntaría aos monxes irlandeses, encabezados por Colman de Lindisfarne, se eles podían reclamar tamén para si mesmos semellantes poderes, ao que eles, por suposto, replicaron negativamente. Daquela, o rei reflexionou no sentido en que cómpríalle máis axeonllarse fronte a poderosa Igrexa de Roma que fronte aos humildes mosteiros irlandeses, porque de facer o contrario, ao morrer e chegar ao ceo podería atopar as portas pechadas por quen tiña as chaves do mesmo.