Alemaña: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 60:
'''Alemaña'''<ref>{{Cita libro |título=Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega |editor=Benigno Fernández Salgado |editorial=Editorial Galaxia |ano=2004 |isbn=9788482887524 |páxina=1303 |cita=Alemaña}}</ref> ({{Audio|Gl-Alemaña.ogg|pronunciación}}) (en [[lingua alemá|alemán]]: ''Deutschland'' {{Audio|De-Deutschland.ogg| [ˈdɔʏtʃlant]}}, en [[Lingua sorabia|alto sorabio]]: ''Němska'', en [[Lingua baixo saxoa|baixo alemán]]: ''Düütschland'', en [[Lingua sorabia|baixo sorabio]]: ''Nimska'', en [[lingua dinamarquesa|dinamarqués]]: ''Tyskland'', en [[lingua frisoa|frisón]]: ''Dütschland'', en [[romaní]]: ''Jermaniya'') oficialmente '''República Federal de Alemaña''' ({{Audio|Gl-República Federal de Alemaña.ogg|pronunciación}}) (en [[Lingua alemá|alemán]]: ''Bundesrepublik Deutschland'' {{Audio|De-Bundesrepublik_Deutschland.ogg| [ˈbʊndəsʁepuˌbliːk ˈdɔʏtʃlant]}}) é un estado federal da [[Europa central]]. Alemaña está bordeada polo norte co [[mar do Norte]], [[Dinamarca]], e o [[mar Báltico]], polo leste con [[Polonia]] e a [[República Checa]], polo sur con [[Austria]] e [[Suíza]], e polo oeste con [[Francia]], [[Luxemburgo]], [[Bélxica]] e os [[Países Baixos]]. O territorio alemán espállase ao longo de 357.021&nbsp;km² e está influenciado, na meirande parte do territorio por un [[clima temperado|clima temperado estacional]].
 
Cunha poboación por riba dos 82 millóns de habitantes, constitúe o país máis poboado entre os membros da [[Unión Europea]] e o terceiro entre os países cunha maior comunidade estranxeira. A rexión chamada [[Xermania (Roma)|Xermania]], habitada polos [[Xermanos]], foi coñecida e [[Xermania (libro)|documentada]] antes do ano [[-100|100&nbsp;a.&nbsp;C.]] Dende o [[século X]] os territorios alemáns formaron parte do [[Sacro Imperio Romano]] que duraría ata o ano [[1806]]. Durante o [[século XVI]], as rexións setentrionais alemás convertéronse no centro da [[Reforma protestante]]. Como nación-estado moderno, a primeira unificación alemá produciuse en [[1871]], durante a [[Guerraguerra francoprusianafranco-prusiana]]. Trala [[Segundasegunda Guerraguerra Mundialmundial]], Alemaña foi dividida en dous estados separados polas fronteiras formadas polas tropas aliadas en [[1949]]. Os dous países [[Reunificación alemá|reunificáronse]] de novo en [[1990]]. Alemaña foi un membro fundador da [[Comunidade Económica Europea]] en [[1957]], convertida na [[Unión Europea]] en [[1993]]. Asemade, o país forma parte da [[Zona Schengen]] e adoptou a moeda da Unión, o [[Eurozona|Euro]], en [[1999]].
 
Alemaña é unha [[república parlamentaria]] [[Federación|federal]] constituída por [[Estados de Alemaña|dezaseis estados]] (en [[Lingua alemá|alemán]]: ''Bundesländer''). A capital e principal cidade do país é [[Berlín]]. É membro das [[Nacións Unidas]], [[OTAN]], o [[G8]], e do [[Grupo dos catro|G4]]; así mesmo foi un dos países asinantes do [[protocolo de Quioto]]. O país constitúe a [[Lista de países por PIB (PPA)|quinta maior economía]] por [[PIB]] e o principal país exportador no ano [[2007]]. En termos absolutos, é o segundo país do mundo cunha maior dotación orzamentaria á cooperación ao desenvolvemento,<ref>[http://www.topnews.in/germany-worlds-second-biggest-aid-donor-after-us-229970 Germany world's second biggest aid donor after US]</ref> e o sexto en gasto militar.<ref>[http://www.sipri.org/contents/milap/milex/mex_major_spenders.pdf/download The fifteen major spenders in 2006]</ref> O país desenvolveu un [[Listaxe de países por Índice de Desenvolvemento Humano|alto nivel de vida]] e estableceu un complexo sistema de seguridade social. Posúe unha posición chave nos asuntos exteriores [[Europa|europeos]] e mantén diversos acordos de colaboración internacionalmente. Alemaña está recoñecida como un líder [[ciencia|científico]] e [[tecnoloxía|tecnolóxico]] en diversos eidos.<ref>[http://web.archive.org/web/20080404235732/http://www.iht.com/articles/2008/04/04/europe/poll.php The leader of Europe? Answers an ocean apart]</ref><ref>[http://www.innovations-report.de/html/berichte/informationstechnologie/bericht-109339.html Confidently into the Future with Reliable Technology]</ref>
Liña 93:
 
[[Ficheiro:Lucas Cranach (I) workshop - Martin Luther (Uffizi).jpg|miniatura|esquerda|178px|[[Martiño Lutero]], deu inicio á [[Reforma Protestante]].]]
So co reinado dos emperadores [[saxóns|Otonianos]] (919-1024) foron consolidados os [[duque|ducados]] de [[Lorena (rexión)|Lorena]], [[Saxonia]], [[Franconia]], [[Suabia]], [[Turinxia]] e [[Baviera]], e o rei alemán foi coroado [[Emperador do Sacro Imperio Romano]] desas rexións en [[962]]. Baixo o reinado dos emperadores [[francos|Salianos]] (1024-1125), o Sacro Imperio Romano absorbeu o norte da [[Italia]] e a [[Borgoña]]. Con todo, o emperador perdeu parte do poder a través da [[Querela das Investiduras]] coa [[Igrexa Católicacatólica]]. Baixo os emperadores [[Casa de Hohenstaufen|Hohenstaufen]] (1138-1254), os príncipes alemáns aumentaron a súa influencia cara ao sur e o leste, territorios habitados por [[Eslavos|pobos eslavos]], [[báltico]]s e [[estonia]]nos antes da ocupación alemá da rexión.
 
Co colapso do poder imperial en [[1250]], debido ao constante batallar coa [[Igrexa Católicacatólica]], fíxose necesario a creación dun novo sistema de escolla do emperador. Creouse así, o consello dos sete príncipes-electores, que tiñan o poder de escoller o comandante do Sacro Imperio. Durante ese período, as cidades comerciais uníronse para protexer os seus intereses comúns; sendo a máis coñecida delas a [[Liga Hanseática]], que reunía poderosas cidades do norte alemán como [[Hamburgo]] e [[Bremen]]. A partir do [[século XV]], os emperadores foron elixidos case exclusivamente a partir da dinastía [[Habsburgo]] de [[Austria]].
 
O monxe [[Martiño Lutero]] publicou as súas [[Protestantismo|95 Teses]] en [[1517]], desafiando as prácticas da [[Igrexa Católicacatólica]], e dando inicio á [[Reforma Protestante]]. O [[luteranismo]] tornouse a relixión oficial de moitos estados alemáns tras [[1530]] o que levou a conflitos relixiosos resultantes da división relixiosa no imperio, que xeraron a [[Guerraguerra dos Trinta Anos]] (1618-1648) que devastou os territorios alemáns. A [[Paz de Westfalia]] ([[1648]]) acabou coa guerra relixiosa entre os estados alemáns, mais o imperio estaba ''[[de facto]]'' dividido en moitos principados independentes. De [[1740]] en diante, o dualismo entre a Monarquía austríaca dos [[Habsburgo]] e o [[Reino de Prusia]] dominou a historia alemá. En [[1806]], o ''Imperium'' foi disolto como resultado das [[Guerrasguerras Napoleónicasnapoleónicas]].
 
=== Restauración e revolución (1814-1871) ===
Liña 108:
Por mor dunha [[Revolucións de 1848|serie de movementos revolucionarios na Europa]], que estabeleceron con éxito unha república [[Revolución de 1848|en Francia]], intelectuais e burgueses comezaron a [[Revolución de 1848|Revolución de 1848 nos Estados alemáns]]. Os monarcas inicialmente aceptaron as esixencias dos revolucionarios liberais para conter a mobilización popular. Ao Rei [[Federico Guillerme IV de Prusia|Federico Guillerme IV]] foille ofrecido o título de [[Emperador]], mais sen poder [[absolutismo|absoluto]]. Con todo, rexeitou a coroa e a proposta de [[Monarquía constitucional|Constitución]], o que conduciu a un revés temporal no movemento.
 
O conflito entre o rei [[Guillerme I de Alemaña|Guillerme I]] de [[Prusia]] e o parlamento cada vez máis liberal foi roto durante a reforma militar en [[1862]], cando o rei nomeou a [[Otto von Bismarck]] o novo [[Primeiro Ministro]] de [[Prusia]]. Bismarck trabou con logro unha [[Guerra dos Ducados|guerra coa Dinamarca]], en [[1864]]. A vitoria prusiana na [[Guerraguerra Austroaustro-Prusianaprusiana]] de [[1866]] permitiu crear a [[Confederación Alemá do Norte]] (en [[Lingua alemá|alemán]]: ''Norddeutscher Bund''), que excluía a [[Imperio austríaco|Austria]], ex-líder dos estados alemáns, dos asuntos dos Estados restantes.
 
=== Imperio alemán (1871-1918) ===
Liña 120:
Con todo, o Emperador [[Guillerme II de Alemaña|Guillerme II]], [[Neo-imperialismo|como outras potencias europeas]], tomou un curso [[imperialismo|imperialista]] debido á fricción cos países veciños. A maior parte das alianzas que Alemaña tiña feito non foron renovadas, e as novas alianzas excluían ao país. Especificamente, Francia estabeleceu novas relacións coa sinatura da ''entente cordiale'' co [[Reino Unido]] e garantiu os lazos co [[Imperio Ruso]]. Alén de seus contactos con [[Austria-Hungría]], Alemaña tornouse cada vez máis illada. Tivo inicio o período armamentista, chamado de [[Paz Armada]].
 
O Imperialismo Alemán ([[Weltpolitik]]) superou as fronteiras do seu propio país e xuntouse a moitos outros poderes na Europa, que reivindicaban a súa cota en [[África]] sendo dividida entre as potencias europeas na [[Conferencia de Berlín]]. Alemaña obtivo varios pedazos da África, incluíndo a [[África Oriental Alemá]], o [[Suroeste Africano Alemán]], [[Togolandia]] e [[Camerún]]. A repartición de África causou tensión entre as [[grandes potencias]], que contribuíu para as condicións que levaron á [[Primeira guerra mundial|I Guerraguerra Mundialmundial]].
 
O [[Asasinato de Saraxevo|asasinato]] do [[Francisco Fernando de Austria|príncipe da Austria]] o [[28 de xuño]] de [[1914]] desencadeou a [[Primeira guerra mundial|I Guerraguerra Mundialmundial]]. Alemaña, como parte das [[Potencias Centrais]] foi derrotada polos [[Aliados da Primeira Guerra Mundial|Aliados]] nun dos máis sanguentos conflitos de todos os tempos. A [[revolución alemá]] estourou en [[novembro]] de [[1918]], forzando ao emperador alemán Guillerme I e a tódolos príncipes a [[abdicación|abdicar]]. Un armisticio que puxo fin á guerra foi asinado o [[11 de novembro]] e Alemaña foi forzada a asinar o [[Tratado de Versalles]] en [[xuño]] de [[1919]]. A súa negociación, ao contrario da diplomacia tradicional de pos-guerraposguerra, excluíu ás derrotadas [[Potencias Centrais]]. O tratado foi percibido no país xermánico como unha humillante continuación da guerra por outros medios, e súa dureza é frecuentemente citada como unha das influencias que motivaron o ascenso do [[nazismo]].
 
=== República de Weimar (1919-1933) ===
{{Artigo principal|República de Weimar}}
[[Ficheiro:Stab-in-the-back postcard.jpg|miniatura|Ilustración da época sobre a Dolchstoßlegende, unha táctica da dereita da época para acceder ao poder.]]
Tralo logro da [[Revolución alemá|Revolución Alemá]] de [[novembro]] de [[1918]], foi proclamada a [[República de Weimar|república]]. A [[Constitución de Weimar]] entrou en vigor coa súa sinatura polo [[Presidente de Alemaña|Presidente]] [[Friedrich Ebert]] o [[11 de agosto]] de [[1919]]. O [[Partido Comunista de Alemaña|Partido Comunista Alemán]] (en [[Lingua alemá|alemán]]: ''Kommunistische Partei Deutschlands, KPD'') foi creado por [[Rosa Luxemburg]] e [[Karl Liebknecht]] en [[1918]], e o Partido dos Traballadores Alemán, máis tarde coñecido como [[Partido Nacionalsocialista Alemán dos Traballadores]] ou [[Partido Nazi]] (en [[Lingua alemá|alemán]]: ''Nationalsozialistische Deutsche Arbeiterpartei, NSDAP''), foi fundado en [[xaneiro]] de [[1919]].
 
Sufrindo as consecuencias das duras condicións ditadas polo [[Tratado de Versalles]], e unha longa sucesión de gobernos máis ou menos inestables, cada vez máis faltaba identificación das masas políticas co seu sistema político de [[Parlamentarismo|democracia parlamentaria]]. Iso foi agravado pola ampla divulgación dun mito político pola dereita ([[Monarquía|monárquicos]], ''[[völkisch]]s'' e [[nazis]]): a ''[[Dolchstoßlegende]]'' ou ''puñada polas costas'', que alegaba que Alemaña perdera a [[Primeiraprimeira Guerraguerra Mundialmundial]] debido á [[Revolución alemá|Revolución Alemá]] e non por mor da derrota militar. Por outro lado, os partidos da esquerda [[comunismo|comunista]], tales como a [[Liga Espartaquista]] (en [[Lingua alemá|alemán]]: ''Spartakusbund''), querían abolir aquilo que eles entendían como "[[Capitalismo|goberno capitalista]]" e estabelecer un ''[[Comunismo de consellos|Räterepublik]]''. [[Freikorps|Tropas paramilitares]] (''Freikorps'') foron creadas por diversos partidos, habendo diversos asasinatos por motivos políticos. Os paramilitares intimidaban a electores e sementaban a violencia e a rabia entre o pobo, que sufría dunha elevada taxa de [[desemprego]] e de [[pobreza]]. Despois dunha serie de gabinetes frustrados, o presidente [[Paul von Hindenburg]], vendo poucas alternativas e empurrado polos seus asesores de dereita, nomeou [[Adolf Hitler]] como [[Chancelerchanceler de Alemaña]] o [[30 de xaneiro]] de [[1933]].
 
=== Terceiro Reich (1933-1945) ===
{{Artigo principal|Alemaña Nazi|Segunda Guerraguerra Mundialmundial}}
[[Ficheiro:Bundesarchiv Bild 183-H1216-0500-002, Adolf Hitler.jpg|miniatura|upright|[[Adolf Hitler]], líder do [[Terceiro Reich]].]]
O [[27 de febreiro]] de [[1933]], o [[Incendio do Reichstag|Reichstag ardeu]], e como consecuencia algúns dereitos democráticos fundamentais foron rapidamente revogados por un decreto de emerxencia e unha Lei de plenos poderes deu a Hitler completo poder lexislativo. Só o [[Partido Socialdemócrata de Alemaña|Partido Socialdemócrata]] votou en contra del; os [[Partido Comunista de Alemaña|comunistas]] non foron capaces de presentar oposición, pois seus suplentes xa foran asasinados ou presos. A centralización [[totalitarismo|totalitaria]] estatal foi creada por unha serie de xogadas e decretos políticos convertendo a Alemaña nun [[Unipartidismo|Estado de partido único]].
Liña 138:
Houbo queima de libros de autores considerados contra a nación e persecución a artistas e científicos, polo que moitos emigraron, principalmente cara aos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]]. A industria foi fortemente regulamentada con cotas e requisitos, para mudar a economía a unha base produtiva de guerra. En [[1936]] as tropas alemás entraron na desmilitarizada [[Renania]], e as políticas de apaciguamento do [[primeiro ministro do Reino Unido|primeiro ministro]] [[Neville Chamberlain]] reveláronse insuficientes. Entusiasmado, Hitler seguiu adiante a partir de [[1938]] coa súa política de expansionismo, para estabelecer a [[Großdeutschland|Grande Alemaña]], comezando en marzo deste ano pola [[Anschluss]], a anexión de [[Austria]]. Para evitar unha guerra de dúas frontes, Hitler concluíu o [[Pacto Molotov-Ribbentrop]] coa [[Unión Soviética]], un pacto que el mesmo rompería máis tarde.
 
En [[1939]], as crecentes tensións de nacionalismo, militarismo, e cuestións territoriais levaron aos alemáns ao lanzamento da ''blitzkrieg'', "guerra lóstrego", o [[1 de setembro]] contra [[Polonia]], seguido dous días despois polas declaracións de guerra do [[Reino Unido]] e de [[Francia]], marcando así o inicio da [[Segunda guerra mundial|II Guerraguerra Mundialmundial]]. Alemaña rapidamente gañou control directo ou indirecto da maioría de [[Europa]].
 
[[Ficheiro:Potsdamer Platz 1945.jpg|miniatura|esquerda|[[Berlín]] en ruínas trala fin da [[Segunda Guerra Mundial|segunda guerra mundial]], [[Potsdamer Platz]], [[1945]].]]
 
O [[22 de xuño]] de [[1941]], Hitler quebrou o pacto coa [[Unión Soviética]], abrindo a Fronte Oriental e a [[Operación Barbarossa|invadindo a Unión Soviética]]. Pouco tempo despois o [[Imperio do Xapón|Xapón]] [[Ataque a Pearl Harbor|atacou a base americana en Pearl Harbor]], e Alemaña declarou guerra aos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]]. Aínda que inicialmente o exército alemán avanzou rapidamente sobre a Unión Soviética, a [[Batallabatalla de Stalingrado]] marcou unha volta importante na guerra. Despois diso, o exército alemán comezou a recuar á Fronte Oriental. O [[Desembarco de Normandía|Día-D]] marcou unha volta importante sobre a Fronte Occidental, cando as forzas aliadas desembarcaron nas praias de [[Normandía]] e avanzaron rapidamente sobre o territorio alemán. A derrota de Alemaña ocorreu axiña. O [[8 de maio]] de [[1945]], [[Día da Vitoria en Europa|as forzas armadas alemás entregáronse]] trala ocupación de [[Berlín]] polo [[Exército Vermello]] .
 
No que máis tarde foi coñecido como o [[Holocausto]], o réxime do [[Terceiro Reich]] elaborou políticas gobernamentais que subxugaban directamente moitas partes da sociedade: [[xudeu]]s, [[comunista]]s, [[Pobo xitano|ciganos]], [[homosexualidade|homosexuais]], [[Masonería|masóns]], [[política|disidentes políticos]], [[sacerdote|predicadores]] ou [[Discapacidade|discapacitados]], entre outros. Durante a era nazi, cerca de once millóns de persoas foron asasinadas no Holocausto, incluíndo seis millóns de xudeus e dous millóns de [[Polonia|polacos]]. A Segundasegunda Guerraguerra Mundialmundial e o xenocidio feito polos nazis foron responsables de preto de 35 millóns de mortos en [[Europa]].
 
=== División e reunificación (1945-1990) ===
Liña 158:
[[Alemaña Oriental]] foi un estado do [[bloque do leste]] baixo control político e militar da [[Unión Soviética]] a través do [[Pacto de Varsovia]]. O poder político foi executado exclusivamente polos principais membros (''[[Politburo]]'') do [[Partido Socialista Unificado de Alemaña|SED (''Partido Socialista Unificado de Alemaña'')]]. O seu poder foi asegurado polo [[Stasi]], un [[servizo secreto]] de gran dimensión, e unha variedade de sub-organizacións do SED que controlaban tódolos aspectos da sociedade, tendo un gran número de informantes dentro da propia poboación. Á súa vez, as necesidades básicas da poboación foron cubertas por custos baixos polo Estado. A economía planificada foi creada, e máis tarde a RDA pasou a ser un estado do [[Comecon]]. O [[Muro de Berlín]], construído en [[1961]] para impedir a fuga dos alemáns do Leste cara a Alemaña Occidental, tornouse nun símbolo da [[Guerra Fría]].
 
As tensións entre as Alemaña do Leste e do Oeste foron lixeiramente reducidas no inicio dos anos [[1970]] polo [[Chanceler de Alemaña|Chancelerchanceler]] [[Willy Brandt]] (''[[Ostpolitik]]''), que incluíu a aceptación ''[[de facto]]'' das perdas territoriais da Alemaña na [[Segunda guerra mundial|II Guerraguerra Mundialmundial]].
 
Por mor dunha crecente migración de alemáns do Leste cara a Alemaña Occidental a través de [[Hungría]] e manifestacións en masa durante o verán de [[1989]], inesperadamente as autoridades do Leste alemán facilitaron as restricións nas fronteiras en novembro, permitindo que cidadáns do Leste alemán puidesen viaxar cara ao Occidente. Orixinalmente concibida como unha válvula de presión para manter Alemaña Oriental como un estado, a abertura da fronteira na realidade levou a unha aceleración do proceso de reforma en Alemaña Oriental, que finalmente foi concluído co ''[[Tratado Dous Máis Catro]]'' un ano máis tarde, en [[12 de setembro]] de [[1990]] e a [[reunificación alemá]] ocorreu en [[3 de outubro]] de [[1990]]. Segundo os termos do tratado, as catro potencias ocupantes renunciaban os seus dereitos so o Instrumento da Renuncia, e a Alemaña recuperaba a plena [[soberanía]] do seu territorio.
Liña 168:
Dende a reunificación, Alemaña ten tido un papel de liderado na [[Unión Europea]] e na [[OTAN]]. Participou no exército que garantiu a estabilidade nos [[Balcáns]], e enviou tropas para [[Afganistán]] como parte dun esforzo da [[OTAN]] para "proporcionar a seguranza neste país". Estes desprazamentos foron controvertidos, visto que trala guerra, Alemaña estaba obrigada por lei a manter tropas só para fins de Defensa. As arremetidas en territorios estranxeiros foron entendidas como non estando abranguidas pola lei de Defensa; non obstante, a votación parlamentaria sobre a cuestión legalizou efectivamente a participación nun contexto de "mantemento da paz".
 
En [[2005]] [[Angela Merkel]] foi electa como a primeira muller [[Chancelerchanceler de Alemaña]] como candidata da [[Unión Demócrata Cristiá de Alemaña|Unión Demócrata Cristiá]]. De [[2005]] a [[2009]] liderou unha gran coalición entre a Unión Social Cristiá de Baviera (CSU), o seu partido irmán de [[Baviera]], e o [[Partido Socialdemócrata de Alemaña]] (SPD). Despois das elección xerais do [[27 de setembro]] de [[2009]], Merkel construíu unha coalición de goberno substituíndo aos Socialdemócratas polo Partido Democrático Liberal (FDP).
 
== Xeografía ==
Liña 295:
Alemaña é unha [[república federal]], [[Democracia|democrática, representativa]] e [[Parlamentarismo|parlamentaria]]. O sistema político alemán opera baixo un marco establecido no [[Constitución|documento constitucional]] de [[1949]] coñecido como a ''[[Grundgesetz]]'' (Lei Fundamental). Ao chamar o documento ''Grundgesetz'', en lugar de ''Verfassung'' ([[constitución]]), os autores expresaron a intención de que sería substituído por unha constitución axeitada unha vez que Alemaña fora [[reunificación alemá|reunificada]] como un só estado. As emendas á ''Grundgesetz'' xeralmente requiren unha maioría de dous terzos de ámbalas dúas cámaras do [[parlamento]]; os artigos que garanten os dereitos fundamentais, a separación de poderes, a estrutura federal, e o dereito de resistir aos intentos de derrocar a constitución son válidos en perpetuidade e non poden ser modificados. Malia a intención inicial, a ''Grundgesetz'' segue en vigor logo da reunificación alemá en [[1990]], aínda que con algunhas modificacións.
 
O ''[[Bundeskanzler]]'' ([[Chanceler|Chancelerchanceler Federalfederal]]) é o xefe do [[goberno]] e exerce o [[poder executivo]], semellante ao papel dun [[Primeiro Ministro]] noutras [[democracia]]s [[Parlamentarismo|parlamentarias]]. [[Angela Merkel]] ocupa este posto dende o 2005. O [[poder lexislativo]] recae no parlamento composto polo ''[[Bundestag]]'' (Dieta Federal) e o ''[[Bundesrat]]'' (Consello Federal), que en conxunto forman un único tipo de órgano [[poder lexislativo|lexislativo]]. O ''Bundestag'' é elixido mediante [[Eleccións|eleccións directas]] respectuosas da representación proporcional. Os membros do ''Bundesrat'' representan aos gobernos dos dezaseis estados federais e son membros dos [[ministro (goberno)|gabinetes]] de estado. Os respectivos gobernos estatais teñen o dereito de nomear e mudar aos seus enviados en calquera momento.
[[Ficheiro:2011 Joachim Gauck.jpg|miniatura|dereita|130px|[[Joachim Gauck]].]]
Dende [[1949]], o sistema de partidos estivo dominado pola [[Unión Demócrata Cristiá de Alemaña|Unión Demócrata Cristiá]] (CDU) e o [[Partido Socialdemócrata de Alemaña]] (SPD), aínda que os partidos máis pequenos, como o [[Partido Democrático Libre]] (FDP, que ten membros no ''Bundestag'' dende [[1949]]) e [[Alianza 90 - Os Verdes]] (''Die Grünen'', que controla escanos no Parlamento dende [[1983]]) desempeñan tamén un papel importante.
 
O [[xefe de Estado]] alemán é o ''[[Presidente de Alemaña|Bundespräsident]]'' ([[presidente]]) elixido pola ''[[Bundesversammlung]]'' (convención federal), unha [[institución]] integrada polos membros do ''Bundestag'' e un número igual de delegados estatais enviados polos parlamentos do ''Länder'' (''Landtage''). [[Joachim Gauck]] desempeña esta posición dende o 2012. O segundo [[funcionario]] alemán máis alto na orde de precedencia é o ''[[Bundestagspräsident]]'' (presidente do ''Bundestag''), que é elixido polo ''Bundestag'', sendo responsable de supervisar as sesións do corpo. O terceiro, e máis alto oficial da Xefatura do goberno é o [[Chancelerchanceler]], que é designado polo ''Bundespräsident'' logo de ser elixido polo ''Bundestag''. O Chancelerchanceler pódese mudar de xeito construtivo a través dunha moción de non confianza por parte do ''Bundestag'', onde simultaneamente se elixe a un sucesor. O brazo [[Poder Xudicial|xudicial]] inclúe ó Tribunal Constitucional, chamado ''Bundesverfassungsgericht'', que pode bloquear calquera acto de lexislación ou administración se estes foren considerados inconstitucionais.
 
=== Divisións administrativas ===
Liña 400:
A maior parte da poboación descende de diversos grupos [[xermanos|xermánicos]] que se estabeleceran na rexión [[Europa central|centroeuropea]] no primeiro milenio antes da era cristiá. Eses grupos compartían a mesma lingua, aínda expresada en moitos dialectos, mais presentaban características étnicas heteroxéneas que se acentuaron ao longo da historia como consecuencia da fusión con outros pobos, como os [[celta]]s e os [[eslavo]]s. Na moderna Alemaña, as diferenzas humanas e lingüísticas das distintas rexións téñense atenuado, aínda que a prolongada división política teña xerado certas peculiaridades culturais que distinguen ós alemáns do leste daqueles do oeste.
 
A chegada de inmigrantes á [[Alemaña occidental]] na segunda metade do [[século XX]] compensou as perdas humanas ocasionadas pola [[Segunda Guerra Mundial|segunda guerra mundial]], estimadas en cerca de tres millóns de persoas, na maioría xente nova do sexo masculino. Ademais da poboación de orixe xermánica, conviven na antiga Alemaña occidental diversas minorías étnicas de nacionalidade alemá, como [[xudeu]]s, eslavos e [[dinamarca|dinamarqueses]], así como [[Francia|franceses]] descendentes dos [[hugonotes]] fuxidos do seu país a finais do [[século XVII]].
 
[[Ficheiro:Fotothek df n-08 0000140.jpg|miniatura|esquerda|270px|Nenos nunha gardería de [[Freital]].]]
Liña 460:
O alemán é a lingua oficial e predominante de Alemaña.<ref>[http://ec.europa.eu/public_opinion/archives/ebs/ebs_243_en.pdf Eurobarómetro: Os europeos e as súas linguas]</ref> A lingua alemá é unha das vinte e tres [[linguas oficiais da Unión Europea]] e unha das tres linguas de traballo da Comisión Europea xunto co [[Lingua inglesa|inglés]] o e [[Lingua francesa|francés]]. Ademais do alemán, no país están recoñecidas como linguas das minorías o [[baixo saxón|baixo alemán]], o [[lingua dinamarquesa|dinamarqués]], o [[lingua frisoa|frisón]] o [[lingua sorabia|sorabo]] e o [[lingua romaní|romaní]]. As principais linguas dos inmigrantes son o [[turco]], o [[polaco]], o [[lingua rusa|ruso]] e as linguas dos [[balcáns]]. O alemán estándar é unha [[lingua xermánica]] occidental relacionada co [[lingua inglesa|inglés]], [[lingua neerlandesa|neerlandés]] e [[lingua sueca|sueco]]. A meirande parte do vocabulario do alemán provén da póla xermánica das [[Linguas indoeuropeas]]. A lingua xermana posúe numerosos empréstamos do [[lingua latina|latín]], [[lingua grega|grego]], e en menor medida do francés e do inglés.
 
Dende o [[século XIV]], a [[escrita gótica]] foi substituída durante o [[Renacemento]] en toda [[Europa]]; con todo, na Alemaña, a letra gótica continuou vixente até ser finalmente abolida en [[1945]], trala fin da [[Segunda guerra mundial|II Guerraguerra Mundialmundial]]. Por este motivo ás veces a letra é chamada estilo gótico alemán. Hoxe, o alemán escríbese empregando o [[alfabeto latino]]. Xunto ás vinte e seis letras estándar, ten tres vogais máis con diérese ou ''Umlaut'' (ä, ö e ü), ademais da letra ''Eszett'' ou (SZ/ese-zeta): ß, ás veces representada como ''ss''.
 
Os dialectos do alemán varían en diferentes graos do alemán [[lingua estándar|estándar]]. Estes dialectos proveñen das diferentes variedades locais das antigas tribos alemás. Moitos deles son dificilmente inintelixibles para os falantes da [[lingua estándar]], xa que moitos se diferencian na [[sintaxe]], [[fonoloxía]] e [[léxico]]. Un exemplo disto é o [[lingua bávara|bávaro]], arredor da cal existe un debate lingüístico arredor da súa entidade. Hai quen a clasifica como un dos diversos dialectos do alemán e hai quen a considera propiamente unha lingua.