Sínodo de Whitby: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Páxina traducida a partir de es:wiki
engado referencias
Liña 1:
{{Enuso}}O '''sínodo de Whitby''' foi unha importante reunión de monxes cristiáns irlandeses e romanos, xunto a autoridades políticas que se celebrou na cidade de Whitby, por entón capital do [[reino de Northumbria]], na actual [[Inglaterra]], o ano [[664]]. Nel definiuse a dirección relixiosa a tomar no conflito exposto entre o [[Cristianismo celta|cristianismo dos monxes irlandeses]] encabezados por Colman de Lindisfarne e o dos [[Igrexa católica|romanos]] do anglosaxón Wilfrido de Iork<ref>{{Cita libro|título=El seguimiento radical de Cristo: esbozo histórico de la vida consagrada|apelidos=López Amat|nome=Alfredo|editorial=Ediciones Encuentro S. A|ano=1987|ISBN=978-84-7490-172-6|volume=vol. I|páxina=343|ref=}}</ref> .
 
== Antecedentes ==
Durante a segunda metade do [[século VI]], monxes irlandeses chegaran a [[Inglaterra]], fundando unha serie de [[Mosteiro|mosteiros]], entre eles o de Iona. Paralelamente, a [[Igrexa católica|Igrexa de Roma]] enviara a varios monxes, entre eles [[Agostiño de Canterbury]], con idéntica misión de evanxelización. As dúas empresas misioneiras terminaron chocando, debido ás fortes discrepancias de ritual, estilo e organización que existían entre ámbalas dúas igrexas. Logo de moitos anos en que Northumbria oscilaba alternativamente entre darlle o favor aos monxes irlandeses ou aos romanos, o rei [[Oswiu de Northumbria]] decidiuse a resolver a cuestión.
 
A historia da reunión é referida por [[Beda|Beda o Venerable]] na súa ''[[Historia ecclesiastica gentis Anglorum|Historia eclesiástica dos ingleses.]]'' Segundo Beda (partidario de Roma), Oswiu preguntaría aos monxes romanos -do anglosaxón Wilfrido, monxe de Rippon, que chegaría a ser bispo de Iork<ref>{{Cita libro|título=El seguimiento radical de Cristo: esbozo histórico de la vida consagrada|apelidos=López Amat|nome=Alfredo|editorial=Ediciones Encuentro S. A.|ano=1987|ISBN=978-84-7490-172-6|volume=vol. I|páxina=113|ref=}}</ref>- que títulos alegaban para afirmar a súa superioridade xerárquica sobre os monxes irlandeses, ante o cal eles citarían o texto bíblico de [[Evanxeo de Mateo|Mateo]] 16:18-19 ["... ''Ti es Pedro, e sobre esta pedra edificarei a miña igrexa ... Eu dareiche as chaves do reino dos ceos: todo o que ates na terra será atado no ceo, e o que desates na terra será desatado nos ceos''."] engadindo que [[San Pedro, papa|Pedro]] chegara logo a ser [[Papa|Bispo de Roma]], e que máis tarde tamén nomeara aos futuros bispos desa cidade como os seus sucesores e únicos herdeiros, e finalmente, que o bispo de Roma enviáraos a eles.
 
Fronte a estas argumentacións, Oswiu preguntaría aos monxes irlandeses, encabezados por Colman de Lindisfarne, se eles podían reclamar tamén para si mesmos semellantes poderes, ao que eles, por suposto, replicaron negativamente. Daquela, o rei reflexionou no sentido en que cómpríalle máis axeonllarse fronte a poderosa Igrexa de Roma que fronte aos humildes mosteiros irlandeses, porque de facer o contrario, ao morrer e chegar ao ceo podería atopar as portas pechadas por quen tiña as chaves do mesmo.
 
== Consecuencias ==
O sínodo de Whitby marcou a derrota do modelo organizacional eclesiástico dos irlandeses, baseado nunha rede de mosteiros sen superior xerárquico visible, e a afirmación do modelo eclesiástico romano baseado non en mosteiros senón en bispados territorialmente organizados e cunha ríxida xerarquía. Con todo, a actividade misioneira irlandesa continuou polos séculos seguintes, e o vigor cultural mostrado polos mesmos desembocaría directamente no [[Renacemento carolinxio]]. Con todo, non foi até o século XII en que o papa Alexandre III, conseguiu que a igrexa anglosaxona quedase como unha igrexa territorial unida a Roma<ref>López Amat, Alfredo; op. cit., páxina 112.</ref>.
 
== Véxase tamén ==