Motivación: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 43 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q644302
m Arranxos varios
Liña 9:
{{principal|Psicoloxía da motivación}}
 
A motivación xorde para satisfacer necesidades (se unha persoa ten ganas de ser estimada, fará o posible para gañar afecto dos outros e por tanto estará motivada para conseguilo, por exemplo). [[Abraham Maslow]] dividía as necesidades nunha pirámide para explicar como ao mudar as metas cambia a motivación. Unha persoa non está motivada para conseguir aquilo que xa ten ou que dá por suposto.
 
[[David McClelland]] precisou que as metas máis altas corresponden a necesidades psicolóxicas e son as máis motivadoras. Redúcense á necesidade de éxito, de [[Poder (socioloxía)|poder]] e de pertenza. A maioría de emocións que experimenta o suxeito están relacionadas con este tres áreas básicas.
 
Ford, pola súa banda, agrúpaas en seis áreas: afectivas (conseguir o benestar, buscar a felicidade, entreterse, estar tranquilo....), cognitivas (comprender a contorna, [[curiosidade]]....), de organización subxectiva (necesidade de coherencia interna, afán de trascendencia...), autoasertives (sentirse único, exercer a liberdade, obter aprobación...), integradoras (responsabilidade social, sentirse parte dun grupo....) e de tarefa (dominar un exercicio complicado, gañar algo material...) Afirma que cada persoa establece unha xerarquía entre os tipos de metas e necesidades e que se motiva por unhas máis que polas outras.
Liña 18:
A motivación pódese estudar en catro fases:<ref>Pintrich & Schunk (2006), ''Motivación en contextos educativos'', Pearson Prentice Hallm</ref> o contexto, que abastece de experiencias ao suxeito; o proceso de [[cognición]], que o fai percibir a situación dunha maneira determinada; a crenza que se crea sobre a situación ou tarefa e por último a conduta que manifesta.
 
Do contexto tense que considerar a experiencia previa con situacións semellantes, por exemplo se un neno tivo un momento de diversión lendo é máis probable que teña ganas de volver ler que se se aburriu, aínda que o libro varíe. Tamén se ten que considerar a actitude da contorna sobre aquela actividade: un ánimo actúa como reforzador, o suxeito tende a estar máis motivado por accións consideradas boas polo seu grupo social para conseguir o afecto dos outros e de axustarse ao patrón de [[valor]]s imperante. Con todo, en determinadas situacións é xustamente a trangresión a que invita a actuar, por exemplo as condutas de risco dos adolescentes. Neste caso é a desaprobación e o desexo de rachar coa norma ou diferenciarse o que actúa como reforzador.
 
A mente entón procesa a información dispoñible sobre a nova situación e compáraa co conxunto de crenzas de que dispón. Estas crenzas teñen que ver co [[autoconcepto]] (especialmente sobre se se poderá realizar exitosamente ou non determinada tarefa en función das propias valías), as atribucións causais, os valores desexables e a escaleira de necesidades que experimenta o suxeito naquel intre.
 
Estes elementos aumentan ou diminúen a motivación pola situación, que se manifesta na elección de actividade (faise ou non unha cousa e faise de determinada maneira), o esforzo e persistencia (téndese a pór máis interese e esforzo cando está máis motivado), a implicación emocional e o xuízo explícito sobre a tarefa.
 
== Aumentar a motivación ==