Xustino I: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
m Arranxos varios
Liña 1:
[[Ficheiro:Tremissis-Justin I-sb0058.jpg|miniatura|300px|Flavius Iustinus Augustus]]
'''Flavius Iustinus''' ou '''Xustino I''' (''c''. [[450]] - [[1 de agosto]] de [[527]]) foi [[Emperadores bizantinos|emperador bizantino]] ([[518]] – [[527]]).
 
Naceu nunha aldea preto de Bederiana, na provincia de [[Dardania]], pertencente á diocese de [[Diocese de Dacia|Dacia]] que, xunto coa de [[Diocese de Macedonia|Macedonia]], formaba entón a prefectura pretoriana de [[Ilírico]]. Na súa mocidade chegou a [[Constantinopla]] fuxindo das invasións bárbaras. Alistouse no exército, e grazas á súa capacidade, ascendeu rapidamente pola escala militar, ata converterse en comandante da garda de palacio (os ''excubitores'') do emperador [[Anastasio I, Emperador|Anastasio I]] en [[515]]. Grazas á súa posición (era o comandante do único exército acantonado na cidade) e a súa prodigalidade, conseguiu ser nomeado sucesor á morte de Anastasio I, en [[518]]. No momento da súa ascensión ao trono tiña preto de setenta anos e probablemente era [[analfabeto]].
 
Xustino, que era un militar sen os coñecementos nin a visión precisos para gobernar o estado bizantino, rodeouse de conselleiros de confianza. O máis destacado deles foi sen dúbida o seu sobriño, Flavio Petro Sabacio, ao que adoptou como fillo e ao que deu o nome, polo que pasou á historia, de [[Xustiniano I|Xustiniano]]. Aínda que se di con frecuencia que Xustiniano rexeu os destinos do Imperio xa en vida do seu tío, como afirma o historiador [[Procopio de Cesarea|Procopio]], é probábel que non fose así, xa que só foi investido como sucesor meses antes da morte de Xustino.
 
En [[525]], Xustino derrogou unha lei que prohibía aos membros da clase senatorial contraer matrimonio cunha muller de clase inferior, o cal foi considerado escandaloso na época. Grazas a este edicto, Xustiniano puido casar con [[Teodora (esposa de Xustiniano)|Teodora]], unha antiga actriz e artista de circo; por outra banda, a derrogación desta norma contribuíu a diluír as antigas diferenzas de clase da sociedade romana.
 
Os últimos anos do seu reinado estiveron marcados polas disputas cos [[ostrogodo]]s, conseguindo aquietar a [[Teodorico o Grande|Teodorico]] ao renunciar Xustino a nomear cónsules, e os [[Imperio Sasánida|persas]] pola rexión de [[Lazica]], a antiga [[Cólquida]] e que vai provocar unha guerra que non vai ter un vencedor claro. En 526 a súa saúde comezou a declinar, e nomeou formalmente sucesor a Xustiniano o 1 de abril de [[527]]. Morreu o 1 de agosto dese mesmo ano.
 
A cidade de [[Anazarbus]] foi rebautizada como '''Iustinopolis''' en [[525]], en honor seu.
Liña 17:
 
* [http://www.roman-emperors.org/justin.htm ''De imperatoribus romanis''] Extensa biografía (en inglés)
 
 
{{Gobernante|