Diferenzas entre revisións de «Maximiano»

m
Arranxos varios
(Desfíxose a edición 4090825 de CommonsDelinker (conversa)+foto)
m (Arranxos varios)
[[Ficheiro:Aureus à l'effigie de Maximien Hercule.jpg|miniatura|dereita|250px|Efixie de Maximiano nun áureo.]]
 
'''Marcus Aurelius Valerius Maximianus Herculius''', nado en [[Sirmium]] no [[250]] e finado no [[310]], foi un [[emperador romano]].
 
== Traxectoria ==
Nado nunha familia humilde, elixiu a carreira militar e pronto destacou nas loitas da [[Xermania Magna|Xermania]] e na [[Asia Menor]] baixo os reinados de [[Aureliano]] e [[Probo]].
 
Era amigo persoal de [[Diocleciano]], quen fora nomeado [[Emperador]]. Cando Diocleciano acomete a reforma da [[Diarquía]], ano [[286]], nomea [[augustus]] a Maximiano. A Maximiano correspóndelle o occidente, fixando a súa capital en [[Milán]]. Vendo que os problemas do [[imperio]] non se resolven con esta situación, Diocleciano nomea dous césares, completando unha forma de goberno nova, a [[Tetrarquía]]. [[Diocleciano]] nomea a [[Galerio]] e Maximiano a [[Constancio]]. A reforma complétase en marzal do [[293]]. Os césares (sucesores dos augustus) encárganse de diversas provincias, e na práctica supoñen unha división en catro zonas.
 
A Maximiano tócalle a [[Galia]], [[Hispania]] e o Norte de [[África]]. Un pouco antes, no [[287]] en [[Bretaña]], proclamárase emperador [[Carausio]], pero Maximino non foi quen de rematar co astuto rival, deica o [[293]] en que Constancio se fai cargo da loita, vencendo a Carausio.
393.002

edicións