Edfu: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
*Peristilo > perístilo.
m →‎top: Arranxos varios
Liña 15:
A '''segunda sala hipóstila''', máis pequena, ten un teito sustentado por doce columnas. Nas cámaras dos lados gardábanse as ofrendas dos deuses antes de seren levadas á sala das ofrendas; unha era para "ofrendas secas" e outra para "ofrendas líquidas"; outra cámara era un laboratorio e as fórmulas utilizadas tamén están nas paredes. Desde a '''sala das ofrendas''', a continuación desta segunda sala hipóstila, unha [[escalinata]] leva ás terrazas. Os muros da escalinata están decorados con escenas da festa de Aninovo, cando a estatua dos deuses tutelares dos templos se sacaban para que o sol as revitalizase.
 
A '''sala central''' conta con dez cámaras que se abren en torno ao santuario e cada unha ten un nome gravado no exterior do templo. Tres delas constitúen o templo dedicado a Osiris, outra estaba dedicada a Osiris morto ([[Sokar]] ou [[Khentamendi]]), outra a [[Hathor]], outras dúas a [[Khonsu]], e outra a [[Ra]] e á [[tríade]] vingadora de [[Menhyt]], [[Nekhbet]] e [[Neftis]]. Nunha destas capelas atópase unha réplica da [[barca sagrada]] de Horus.
 
O '''santuario''' de Horus ten un altar de granito negro, un monólito de catro metros de altura. No muro externo aparece a lista dos [[nomo]]s do [[Alto Exipto|Alto]] e [[Baixo Exipto]].