Bernard Malamud: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Unhanova (conversa | contribucións)
http://academia.gal/dicionario#loadNoun.do?current_page=1&id=2450160
m Arranxos varios
Liña 1:
[[Ficheiro:Bernard Malamud portrait.jpg|thumb|Bernard Malamud.]]
'''Bernard Malamud''', nado en [[Nova York]] o [[26 de abril]] de [[1914]] e finado no mesmo lugar o [[18 de marzo]] de [[1986]], foi un escritor [[Estados Unidos de América|estadounidense]], considerado un dos principais expoñentes da literatura xudía de Norteamérica.
 
== Biografía ==
Bernard Malamud naceu o 26 de abril de 1914 no barrio neoiorquino de [[Brooklyn]]. Seus pais, Mendel (Max) Malamud e Brucha (Bertha), de solteira Fidelman, eran un matrimonio de inmigrantes [[xudeu]]s fuxidos da [[Rusia]] tsarista, descritos polo propio autor como "doces, honestos e amables".<ref name = bmbiography>[http://www.notablebiographies.com/Lo-Ma/Malamud-Bernard.html "Bernard Malamud Biography"], en notablebiographies.com {{en}}. Consultado o 19 de xuño de 2012.</ref> O pai rexentou unha tenda de ultramarinos en Brooklyn, no número 1111 de Gravesend Avenue, desde 1924 até a súa morte en 1954.<ref name = anewlife> Donald Weber: [http://www.bookforum.com/inprint/014_05/2063 "A new life"]. Reseña da biografía ''Bernard Malamud: A Writer’s Life'', de Philip Davis. {{en}}. Consultado o 19 de xuño de 2012.</ref> Súa nai padecía unha enfermidade mental e faleceu nun hospital psiquiátrico en 1929, cando Bernard tiña quince anos.<ref name = anewlife /> O único irmán de Bernard, Eugene, nado en 1917, diagnosticóuselle de novo [[esquizofrenia]] e tivo que pasar hospitalizado gran parte da súa vida adulta.<ref name = anewlife /> No medio familiar no que se criou o futuro escritor non había un especial interese polas manifestacións artísticas, mais aínda así Bernard afeccionouse pronto á lectura. Asistía tamén con frecuencia a representacións teatrais en [[yiddish]].<ref name = bmbiography />
 
Malamud estudou na escola secundaria Erasmus Hall de Brooklyn entre 1928 e 1932.<ref>Boyer, David. [http://query.nytimes.com/gst/fullpage.html?res=9F04EED8143AF932A25750C0A9679C8B63 "NEIGHBORHOOD REPORT: FLATBUSH; Grads Hail Erasmus as It Enters a Fourth Century"], ''[[The New York Times]]'', 11 de marzo de 2001. Consultado o 19 de xuño de 2012.</ref> Durante a súa época de estudante de secundaria en Brooklyn fíxose moi afeccionado ao cine (especialmente ás comedias de [[Charlie Chaplin]]) e acostumaba contarlles os argumentos das películas aos seus compañeiros de clase.<ref name = chronology /> Graduouse como ''bachelor'' na City College de Nova York en 1936.<ref name = bmchronology> [http://www2.dokkyo.ac.jp/~esemi006/malamud/index2.htm "The Unofficial Bernard Malamud Home Page"] (en inglés). Consultado o 19 de xuño de 2012.</ref>
Traballou durante un ano por catro dólares con cincuenta centavos ao día como profesor en prácticas, antes de conseguir un préstamo do goberno para continuar os seus estudos universitarios, o que lle permitiu obter o título de ''master'' na [[Universidade de Columbia]] en 1942. Pouco despois comezou a publicar en revistas os seus primeiros relatos breves. Aínda que a súa aspiración era ser profesor de inglés, as circunstancias fixeron que acabara empregado na Oficina do Censo, en [[Washington D.C.]]<ref name = bmbiography /> En 1945 casou con Ann de Chiara, con quen tería un fillo, Paul, en 1947, e unha filla, Janna, en 1952.<ref name = bmchronology />
 
Liña 13:
=== Relatos breves ===
 
Malamud iniciouse como escritor de relatos breves en 1941. En 1943 publicou os seus primeiros contos en revistas: "Benefit Performance" en ''Threshold'', e "The Place Is Different Now" en ''American Preface''.
 
A comezos da década seguinte, varios relatos seus apareceron en prestixiosas publicacións, como ''[[Harper's Bazaar]]'', ''[[Partisan Review]]'', e ''[[Commentary]]''.
 
A maior parte dos relatos breves da primeira recompilación publicada por Malamud, ''The Magic Barrel'' (1958), céntrase na procura de esperanza e de sentido en ambientes sórdidos, marcados pola pobreza. Como declarou nunha ocasión ao diario ''New York Times'': "Díxose que escribo sempre acerca da miseria, pero un escribe acerca do que escribe mellor".<ref name = bmbiography/> A historia que dá título ao libro mostra a estraña relación entre Leo Finkle, un estudante rabínico que busca esposa, e Pinye Salzman, un pintoresco casamenteiro. Outros coñecidos relatos de Malamud son ''The Last Mohican'', ''Angel Levine'', ''Idiots First'', e ''The Mourners'', un conto que opón as figuras de Kessler, un ancián insolente que necesita "seguridade social", e Gruber, o seu agresivo caseiro, que desexa deixar de ter a Kessler como inquilino.