Eurocorpo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
correct arms
m Arranxos varios
Liña 1:
[[Ficheiro:EC Eurocorps.svg|thumb|Eurocorpo]]
O '''Eurocorpo''' (en [[Lingua inglesa|inglés]] ''Eurocorps'', en [[Lingua francesa|francés]] ''Corps européen'', en [[Lingua alemá|alemán]] ''Eurokorps''), é o Corpo de Exército ao servizo da [[Unión Europea]] (UE) e a [[OTAN]], certificado por esta última como Corpo de Exército de Reacción Rápida e Forza de Resposta OTAN.
 
Ten a súa orixe na brigada xermano-francesa creada entre [[1989]] e [[1992]], posta en activo en [[outubro]] de [[1991]], a iniciativa común de cooperación militar entre ambos os países, polo [[presidente da República Francesa]], [[François Mitterrand]], e o [[Chanceler de Alemaña|chanceler alemán]], [[Helmut Kohl]], co fin de contribuír á posta en práctica da Política Exterior e de Seguridade Común da Unión Europea (PESC). Este exército de elite simboliza a reconciliación entre ambos os países e unha das máis novas concepcións de '''Exército Europeo''' conxunto e regular entre múltiples estados ou nacións de [[Europa]] respectando as súas diversas identidades diferenciais baixo un mesmo grupo militar.
 
O [[12 de outubro]] de [[1993]], [[Bélxica]] sumouse a esta forza cunha División Mecanizada e o [[1 de xullo]] de [[1994]], o [[Consello de Ministros de España|Consello de Ministros español]] autorizou a participación de [[España]] con outra División Mecanizada. A integración definitiva quedou completada o [[31 de decembro]] de [[1998]] coa incorporación da Brigada de Infantería Mecanizada Estremadura XI e as unidades restantes do Núcleo de Tropas Divisionario (NTD) da División Mecanizada Brunete.
 
Con esta iniciativa, o Goberno español quixo contribuír ao proceso de construción da [[Unión Europea]], na súa dimensión de seguridade e defensa, e reforzar a capacidade operativa da entón activa Unión Europea Occidental (UEO) e da Alianza Atlántica (OTAN), tendo en conta a dispoñibilidade do Eurocorpo ao servizo, tanto da UEO, como da OTAN.
 
O Eurocorpo foi declarado oficialmente operativo en [[novembro]] de [[1995]], incorporándose [[Luxemburgo]] en [[1996]].
 
O Eurocorpo está composto por cinco estados membros: [[Alemaña]], [[Bélxica]], [[España]], [[Francia]] e [[Luxemburgo]]. No seu Cuartel Xeral en [[Estrasburgo]] ([[Alsacia]]) tamén se atopan permanentemente militares de [[Italia]], [[Polonia]], [[Grecia]] e [[Turquía]].
 
== Informe de La Rochelle ==
É o acta fundacional do Eurocorpo. O documento define o Eurocorpo como un [[exército|corpo armado]] europeo multinacional que non forma parte da estrutura militar integrada da [[OTAN]]. Inicialmente o Eurocorpo nace como unha iniciativa franco-alemá, pero se declara aberto á participación doutros países da [[Europa Occidental]].
 
O [[22 de maio]] de [[1992]], durante o ''Cume de La Rochelle'', Mitterrand e Kohl toman a decisión oficial de crear o Eurocorpo adoptando o informe común dos ministros de Defensa francés e alemán. O [[1 de xullo]] de [[1992]], un Estado Maior provisional instálase en [[Estrasburgo]] para crear as bases do Cuartel Xeral do Eurocorpo.
 
== Funcións do Exército Europeo ==
A decisión do emprego desta unidade é competencia de cada Goberno. Actualmente este emprego poderá ser no marco da [[Unión Europea]], no marco da [[OTAN]] ou ben de forma independente.
 
De acordo cos textos fundacionais, inicialmente o Eurocorpo era unha unidade constituída como instrumento común dos gobernos das nacións participantes e que podería desempeñar os seguintes tipos de misións:
 
* Defensa común dos aliados en aplicación dos artigos 5 e V dos Tratados de Washington e Bruxelas respectivamente.
* Mantemento e restablecemento da paz.
* Accións humanitarias.
 
== Véxase tamén ==