Prepireneo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
engado control de autoridades
m →‎top: Arranxos varios
 
Liña 3:
O '''Prepireneo''', ou '''Prepireneos''', son un conxunto de serras situadas ao sur do [[Pireneos|Pireneo]] axial. As montañas e vales desta zona caracterízanse por ter unhas alturas menores que as do sector central dos [[Pireneos]]. Son poucos os picos do Prepireneo que superan os 2.000 metros de altitude.
 
Este sector dos Pireneos esténdese de oeste a leste ao longo duns 425  km polo nordés de [[España]], atravesando as comunidades autónomas do [[País Vasco]], [[Navarra]], [[Aragón]] e [[Cataluña]]. A anchura dos Prepireneos alcanza na súa zona central os 40  km e no norte da [[provincia de Barcelona]] únese ás [[cordilleiras Costeiras Catalás]], que teñen unhas alturas similares. O límite entre os Prepireneos e o sector central dos Pireneos non é preciso debido a que as montañas gañan altura progresivamente segundo se interna na cordilleira. Esta zona de tránsito entre a zona central dos Pireneos e as zonas chairas non existe na vertente francesa exceptuando unha zona de montes baixos na rexión do [[Rosellón]]. Os vales do Prepireneo adoitan ser estreitos, formando en moitos casos [[Canón (xeoloxía)|canóns]] e [[desfiladeiro]]s. Os ríos ao seu paso por esta zona dos Pireneos son menos numerosos pero non obstante máis caudalosos, polo que se practican moitos deportes de montaña relacionados coa auga.
 
== Galería de imaxes ==