Diferenzas entre revisións de «Josef Gusikov»

m
Arranxos varios
(→‎Traxectoria: reviso ortografía)
m (Arranxos varios)
No apoxeo da súa xove carreira, encontrouse cunha devastadora traxedia. Foi golpeado pola tuberculose e viuse obrigado a abandonar a frauta, privándolle do único sustento que tiña para vivir coa súa esposa e os tres fillos.
 
En [[1831]], dadas as súas grandes habilidades musicais, decide adicarse a outro instrumento, pouco coñecido no momento, o “Shtroy Fidl”: instrumento primitivo orixinario da [[China]] e a [[India]], que chegou a Occidente coa invasión bárbara dos tártaros e cosacos. Consistía nunha serie de listóns de madeira de diferentes tamaños dispostos en pequenos e delgados manoullos de palla, golpeados con mazos. Gusikov mellorou o instrumento conseguindo unha amplitude de dúas oitavas e media de escala cromática, non no orden tradicional de semitón, senón dunha forma que facilitaba o seu rendemento. Gusikov é probable que coñecera este instrumento escoitándollo ao mestre consumado Sankson Jakubowski, co cal posteriormente estudaría.
 
En 1834 realiza concertos en [[Kiev]], [[Moscova]] e [[Odessa]] interpretando unha mestura de música xudía tradicional, música polaca, cancións rusas, música ucraína, así como transcricións de música clásica. Gusikov impactou a audiencia co seu excepcional virtuosismo e musicalidade, acompañado dunha capacidade de facer dun instrumento tan aparentemente simple, algo tan marabilloso e sofisticado. No concerto de Odessa escoitouno o violinista polaco Karol Lipinski, que co apoio do poeta Lamartine, animaron a Gusikov a realizar unha xira de concertos por Europa Occidental.
 
===Xira por Europa Occidental===
 
Mendelssohn a súa nai:
{{cita|Teño curiosidade por saber se lle gustaba Gusikov tanto coma min, é un fenómeno, un diablo cuxa habilidade e adaptabilidade non ten ningún outro virtuoso no mundo e que por esta razón deléitame máis no seu instrumento de madeira e palla, que moito cos seus pianos. Por certo, fae moito tempo que non estivera tan entretido nun concerto porque é un verdadeiro xenio}}<ref name="hopestreetmarimba.com">{{Cita web|url=http://www.hopestreetmarimba.com/m-j-gusikow/|páxina-web=Hope Street Marimba|título=M J Gusikow|data-acceso=2 de xaneiro de 2016}}</ref>
 
Escritor anónimo no diario xeral Musicalische en setembro de 1835 (Viena):
 
Franz Liszt:
{{cita|Inmediatamente despois da miña chegada (de volta de París) encontreime cunha marabilla, unha gloria de madeira e palla, a través de Mr. Gusikov, o malabarista musical que interpreta unha serie infinita de notas nun infinito curto tempo e mostra a maior sonoridade posible de polo menos dous corpos sonoros. É un exemplo prodixioso de “superar a dificultade” que todo París aplaude neste momento.}}<ref>{{Cita web|urlname=http://www."hopestreetmarimba.com"/m-j-gusikow/|páxina-web=Hope Street Marimba|título=M J Gusikow|data-acceso=2 de xaneiro de 2016}}</ref>
== Notas ==
{{listaref}}
 
{{control de autoridades}}
 
[[Categoría:Nados en 1806]]
[[Categoría:Finados en 1837]]
393.002

edicións