Diferenzas entre revisións de «Sinapomorfía»

m
Sem resumo de edição
As sinapomorfías non deberían confundirse con outros conceptos relacionados nos que se comparten trazos.
 
* Unha sinapomorfía é un trazo compartido que se encontra en dous ou máis taxons e que se infire que apareceu no seu antepasado común máis recente, cuxos antepasados á súa vez non o posuían. Un exemplo son as ás posteriores convertidas en [[halterio]]s dos [[díptero]]s, presentes en todas as familias de moscas con ás. Ningún outro grupo de [[insecto]]s posúe estruturas similares (na orde de insectos [[Strepsiptera]] orixináronse halterios por [[evolución converxente]] en lugar das ás dianteiras). Porén, o feito de que ese trazo se encontre só en Diptera non é esencial para identificar o trazo como sinapomorfía, senón que este feito fai máis fácil a súa determinación.
* Unha [[simplesiomorfía]] é un trazo ou característica compartida que se encontra en dous ou máis taxons, pero que tamén se encontra en taxons que só están emparentados a través dun antepasado común máis remoto. A simplesiomorfía caracteriza un grupo [[parafilético]]. Un exemplo disto son os cinco dedos das patas traseiras de ratas e simios. Este carácter orixinouse moi cedo na evolución dos [[vertebrado]]s [[tetrápodo]]s e aparece noutros grupos de tetrápodos, por exemplo, en [[píntega]]s, [[lagarto]]s e [[lémur]]es. Por tanto, isto non indica que o grupo formado por ratas e simios sexa un [[clado]] coa exclusión deses outros grupos. Como se ve neste exemplo, unha simplesiomorfía é unha sinapomorfía para un grupo moi xeral (Tetrapoda, neste caso).
 
* Unha [[homoplasia]] é un carácter compartido que se encontra en distintos taxons pero que se infire que se orixinou independentemente e que non estaba presente no seu antepasado común (é dicir, considérase que é "o mesmo" trazo que apareceu en diferentes taxons independentemente). Un exemplo disto é a [[homeotermia]] (sangue quente) das aves e mamíferos. Este trazo é un carácter derivado (en relación coa [[poiquilotermia]], trazo que debía presentar o antepasado común último de ambos os grupos). A homoplasia só pode descubrirse polas incongruencias observadas con respecto a outras evidencias na análise [[filoxenia|filoxenética]].
 
393.002

edicións