Da terra asoballada: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
m Arranxos varios
Liña 23:
}}
 
'''''Da terra asoballada''''' é un libro de poemas de [[Ramón Cabanillas]] publicado por primeira vez como volume independente en [[1917]]. O mesmo título adianta a intención da obra, un conxunto de textos líricos contra a [[colonización]] de Galicia que reivindican o substrato humilde da poboación campesiña -no contexto redencionista<ref name=":1">{{Cita libro|título = Historia da literatura galega contemporánea|apelidos = Carballo Calero|nome = Ricardo|editorial = Galaxia|ano = 1975|ISBN = 84-7154-227-7|edición = 2ª|páxina = 581}}</ref> do [[agrarismo]]- a carón das grandes figuras da Historia nacional, cantadas ás veces desde un ton [[elexía]]co.
 
== Descrición e temática ==
Formalmente a obra caracterízase pola asimilación da tradición poética do Rexurdimento e a versatilidade<ref name=":0">{{Cita libro|título = Lingua e literatura, 2 Bacharelato|apelidos = González Avión|nome = Isabel|editorial = Baía Edicións|ano = 2013|ISBN = 978-84-9995-054-9|apelidos2 = Insua López|apelidos3 = Rocamonde|nome2 = Emilio Xosé|nome3 = Ramón}}</ref> métrica e rítmica, con versos alexandrinos e achados métricos e estilísticos do [[modernismo]] (na acepción hispanoamericana do termo), influencia discutida por algún especialista<ref>{{Cita libro|título = De Pondal a Novoneyra|apelidos = Méndez Ferrín|nome = Xosé Luís|editorial = Xerais|ano = 1990|ISBN = 84-7507-460-X|edición = 2ª|páxinas = 31-34|cita = O que contemple a literatura galega desde os esquemas histórico-literarios da española, ó chegar á xeración de que tratamos coidará necesaria a aparición do "modernismo". Cómpre, non obstante, afincar ben que na literatura galega non hai modernismo: esa pranta latinoamericana non arraíza na nación galega. Outro cantar sería o do influxo modernista na poesía galega: este si existe, é apalpable, pero aparece canda outras inducións paralelas ao modernismo (...): prerrafaelismo, saudosismo, simbolismo. Os modernistas de Galicia escriben en castelán, agás algunha ocasional escapada ao galego de ANTONIO REY SOTO (...) Sobre o debatido "modernismo" de CABANILLAS cómpre decir que o arrecadamento, desde o inicio da súa obra, de tics estilísticos de raizame modernista non pasa dun circunstanciado culto á moda (...) CABANILLAS non tiña por que beber no modernismo... o seu coñecemento das escolas idealistas de Europa.}}</ref>. O tema xeral da obra é o compromiso agrarísta e patriótico. Proclama a hostilidade ao [[caciquismo]] e aos restos feudais na sociedade rural galega, abalando entre as circias consignas e a actitude didáctica, sempre baixo a ética do chamamento á nación.
 
En '''''Da terra asoballada''''' Cabanillas traslada ao formato lírico os sinais historicistas que se constituirán, desde [[Manuel Murguía|Murguía]] ata o grupo [[Grupo Nós|Nós]], en alicerce do imaxinario do [[Galeguismo (política)|galeguismo]]: [[celtismo]], [[lusitanismo]], resistencia do Reino medieval fronte á asimilación por parte de Castela. É Cabanillas cando escribe esta obra, coma os seus futuros compañeiros da xeración Nós, un poeta para o que a idea de redención, o catolicismo rural e a identidade galega conforman unha rede significativa que fundamenta a rebelión presente e futura; a oposición labrego/fidalgo dos primeiros textos agraristas transfórmase agora<ref name=":0" /> en dialéctica entre Galicia (suxeito colectivo natural/ aldea traballadora) e a opresora Castela/ España (administración artificial/ vila burocrática<ref name=":1" />).
 
Foi esta obra a que elevou ao clímax a consideración de Cabanillas<ref name=":1" /> como poeta-bandeira das [[Irmandades da Fala]], do agrarismo e, por extensión ("Poeta da Raza"), o grande portavoz cívico do pobo galego, herdeiro de [[Eduardo Pondal|Pondal]] e de [[Manuel Curros Enríquez|Curros]].
 
== Edicións ==
Apareceu por primeira vez en [[1915]] como unha das seccións nas que estaba dividido ''Vento Mareiro'', publicado na Habana. Despois editouse por separado en [[1917]] en [[Vilagarcía de Arousa]]. Esta nova publicación contén dezanove poemas, dos cales cinco xa se recolleran en ''Vento Mareiro''. A obra editada pola [[Editorial Lar]] en [[1926]] é a segunda edición deste libro. Contén en total de 25 composicións<ref>{{Cita libro|título = Ramón Cabanillas. Obras Completas, I|apelidos = Cabanillas|nome = Ramón|editorial = Akal Editor|ano = 1979|ISBN = 84-7339-434-8|apelidos-editor = Alonso Montero|nome-editor = X.}}</ref> das que ademais do poema "Camiño adiante", editado xa dúas veces anteriormente, 18 son novas, tres proceden da 1ª edición de ''[[No desterro|]]''No desterro'']] e tres da 1ª edición publicada en Vilagarcía.
 
== Notas ==