Alexandre VIII, papa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios
Liña 6:
Pertencía a unha ilustre familia veneciana de orixe dálmata: foi o máis novo dos nove fillos de Marco Ottoboni, Gran Chanceler da [[República de Venecia]], e da súa esposa Vittoria Tornielli.
 
Os seus estudios foron realizados con brillantez na [[Universidade de Padua]], onde en 1627 completou un doutorado en [[dereito civil]] e [[dereito canónico|canónico]].
 
Foi a [[Roma]] durante o pontificado de [[Urbano VIII, papa|Urbano VIII]], que o nomeou referendario do Tribunal da Signatura Apostólica, e posteriormente gobernador das cidades de [[Terni]], [[Rieti]] [[Spoleto]].
Liña 13:
 
=== Cardealado e episcopado ===
A petición da [[República de Venecia]], en 1652 o papa [[Inocencio X]] ordenouno cardeal do título de ''San Salvatore in Lauro''.
 
En 1654 foi consagrado bispo de [[Brescia]]. En 1660 mudou o seu título cardinalicio polo de ''San Marco''. Dimitiu da súa sé episcopal de [[Brescia]] en 1664. Tres anos despois o papa [[Clemente IX]] nomeouno datario da Súa Santidade. En 1677 foi investido inquisidor de Roma e secretario do [[Santo Oficio]] polo papa [[Inocencio XI]]. Ese mesmo ano cambiou o seu título cardinalicio polo de ''Santa Maria in Trastevere''. Tamén como [[Cardeal (catolicismo)|cardeal]] optou sucesivamente ó título de ''Santa Prassede'' (1680), e ós bispados suburbicarios de Sabina (1681), Frascati (1683) e Porto-Santa Rufina (1687). Ese mesmo ano foi elixido vice-decano do [[Sacro Colexio Cardinalicio]].
 
Participou nos [[conclave]]s de 1667, 1669-1670, 1676 e 1689, resultando elixido papa neste último.
Liña 25:
O seu pontificado durou só un ano e catro meses, pero resultou excepcionalmente activo.
 
Á morte do seu predecesor o tesouro pontificio estaba en condicións saneadas. '''Inocencio VIII''' inverteu a situación de bonanza: rebaixou os impostos e dilapidou as finanzas papais en dádivas á súa familia.
 
Contravindo as prácticas do pontificado anterior, inmediatamente despois de que o elixisen papa lanzouse a un nepotismo desenfreado: en Roma rexistrouse un auténtico desembarco de ''Ottoboni'' venecianos e de achegados a estes, todos prestos a recibir cargos e prebendas. Cinguíndose ós seus familiares máis próximos, nomeou un sobriño seu, Antonio, xeneral en xefe dos exércitos dos [[Estados da Igrexa]]; a outro sobriño, Pietro, de só dezanove anos, nomeouno cardeal diácono ''pro illa vice'' de ''San Lorenzo in Damaso'', gobernador de [[Fermo]], [[Tivoli]] e [[Capranica]], vice-chanceler da [[Igrexa Romana]], secretario de memoriais e vigairo papal no territorio de [[Avignon]]; a un terceiro sobriño, Marco, que era chepudo, colleu e, coas facultades mentais algo diminuídas, nomeouno superintendente das fortalezas e as galeras papais, e comprou para el o ducado de Fiano mediante o pago dunha auténtica fortuna. Dise que '''Alexandre VIII''', previndo que lle quedaba pouca vida e que o seu sucesor non sería tan pródigo, instaba ós seus favorecidos a acaparar rapidamente o máximo de prebendas coa frase: ''Le 24 stanno per scoccare'' (Falta pouco para media noite).
 
A finais de 1690 e mediante decreto do [[Santo Oficio]] condenou 31 proposicións das máis de 200 presentadas por un grupo de teólogos xesuítas belgas, especificamente os da universidade de [[Lovaina]], a propósito da graza, a [[penitencia]] e da [[eucaristía]], así como a teoría do "pecado filosófico". Tamén se opuxo ó "rigorismo" excesivo de determinadas correntes morais, contraposto ó "laxismo" que fora denunciado en pontificados anteriores.
 
Malia o patrocino do monarca francés, condenou a declaración realizada en 1682 polo clero deste país en relación coas liberdades da [[Galicanismo|igrexa galicana]]. Mediante a bula ''Inter multiciples'' de 1692 declarou anulados catro artigos daquela declaración, así como o dereito de regalía. Porén, [[Luís XIV]], cunha situación política en momento crítico, conseguiu ganancias coas disposicións pacíficas do novo papa, e restituíu a este o territorio de [[Aviñón]] e do Condado Venasino, ó tempo que renunciaba ó dereito de asilo da Embaixada francesa. En compensación '''Alexandre VIII''' nomeou ó máis férvido dos galicanos, o bispo de [[Beauvais]] e embaixador de [[Francia]] ante a [[Santa Sé]] Toussaint de Forbin Janson, cardeal do título de ''San Agnese fuori le mura''.
 
Comprou os libros e manuscritos da raíña [[Cristina de Suecia]] para nutrir a [[Biblioteca Vaticana]].
 
Axudou á súa [[Venecia]] natal con xenerosos subsidios na guerra en contra dos [[Imperio Otomán|turcos]].
 
Instituíu en [[China]] as dioceses de [[Pequín]] e [[Nanking]].
Liña 53:
* [http://www.serlupi.it/Ottoboni.html Páxina da familia Serlupi, nobles romanos, descendentes dos Ottoboni] (en italiano).
{{Control de autoridades}}
 
 
[[Categoría:Nados en Venecia]]