Diferenzas entre revisións de «Ávaros»

m
Arranxos varios
(engado control de autoridades)
m (Arranxos varios)
 
Os '''ávaros''' (chamados polos chineses: ''joujan'' ou ''you-yan'') foron un pobo nómade de [[Eurasia]], orixinarios de [[Asia]] occidental, que emigrou cara a Europa central e oriental no [[século VI]]. Dominaron a [[chaira panónica]] ata principios do [[século IX]].
 
== Historia ==
Os ávaros dirixíronse cara ao oeste a mediados do século VI, trala derrota dos [[heftalita]]s (hunos brancos) polos [[Köktürk]]s ([[turcos]] azuis). Aínda que inicialmente se dirixiron ao [[Imperio Romano de Oriente]], foron subornados polo emperador [[Xustiniano I]] e marcharon cara ao norte, internándose na actual [[Alemaña]], como fixera [[Atila]] un século antes. Alí atopáronse coa dura oposición dos [[francos]], e o lugar non lles pareceu adecuado para o seu estilo de vida nómade, polo que dirixiron a súa atención cara á [[chaira panónica]], habitada na época por dous pobos xermánicos, os [[longobardos]] e os [[xépidos]]. Aliados aos longobardos, destruíron aos xépidos en [[567]] e estableceron un estado no área do [[Danubio]]. A continuación comezaron a fustrigar aos longobardos, quen se viron obrigados a emigrar cara ao norte de [[Italia]]. O xefe dos ávaros nesta época chamábase [[Baian I|Baian]], e gobernou aproximadamente entre [[565]] e [[600]].
 
A comezos do [[século VII]] os ávaros aliáronse cos [[Imperio Sasánida|persas]] contra o [[Imperio Bizantino]] e en [[626]] puxeron sitio a [[Constantinopla]], aínda que a denodada resistencia dos seus habitantes obrigounos a se retiraren sen conseguir o seu obxectivo e regresar a [[Panonia]].
 
A dinastía [[Onogur]] foi fundada en torno ao ano [[630]] por [[Kubrat]], un home de orixe ávaro-búlgara, pertencente ao clan búlgaro Dulio. Uniu aos ávaros, os búlgaros, e probabelmente tamén aos heftalitas Uar nun poderoso Khaganato que dominou tamén extensas áreas da actual [[Ucraína]]. Trala morte de Kubrat, os caudillos búlgaros romperon a súa alianza cos ávaros. O estado ávaro subsistiu en Panonia durante os séculos VII e [[Século VIII|VIII]]; crese que dominaron aos eslavos que habitaban na zona desde unhas poucas décadas antes da chegada dos ávaros.
 
A comezos do [[século IX]], as discordias internas e as presións exteriores comezaron a minar o estado ávaro, que foi completamente destruído na década de [[810]] polos francos de [[Carlomagno]] e os [[Bulgaria|búlgaros]], mandados por [[Krum]]. Sábese que aínda se atopaban en Panonia no ano [[871]], pero desde entón o seu nome non volve ser mencionado polos cronistas. Parecen que se mesturaron cos eslavos, que formaran novos estados na rexión: o [[principado de Nitra]], no norte (máis tarde: [[Gran Moravia]]), e o [[Principado de Balaton]], no centro de Panonia.
393.002

edicións