Vitorino: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m →‎top: Arranxos varios
Liña 1:
'''Marcus Piavonnius Victorinus''' foi emperador do [[Imperio Galo]] entre os anos [[268]] ao [[271]]. Fixo toda a súa carreira militar baixo o mandato de [[Póstumo]], do cal chegou a ser ''tribunus preaetorianun''.
 
Morto [[Póstumo]], o nomeado foi [[Mario]], pero foi asasinado os poucos dias da súa elección, e as tropas elixiron entón a Victorino en ''Augusta Treverorun''([[Tréveris]]), a capital de [[Póstumo]].
 
Logra ser recoñecido na [[Galia]] e na [[Britania]], pero non así en Hispania, que pasa de novo as mans de Roma. [[Claudio II o Gótico]], emperador en [[Roma]] trata de tomar o control da [[Galia]], pero '''Victorino''' defende o seu territorio rexeitando todos os intentos de anexión. Traslada a súa capital a [[Colonia, Alemaña|Colonia]], cidade onde foi asasinado por [[Atiliano]], mais por cousas persoais que por unha loita polo poder, xa que o acusaba de ter seducido a súa dona.