Sofía Paleóloga: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Arranxos varios
Liña 21:
== Biografía ==
=== Familia ===
O pai de Zoe foi [[Tomé Paleólogo]], [[Despotado de Morea|Déspota de Morea]] e irmán do último emperador [[Imperio Bizantino|bizantino]], [[Constantino XI]]. A súa nai foi [[Catarina Zaccaria]], a única filla lexítima e herdeira de [[Centurión II Zaccaria]], o último [[Príncipado de Achaea|príncipe independente de Achaea]] e [[Baronía de Arcadia|Barón de Arcadia]].
 
=== En Italia ===
Liña 30:
[[María de Tver]], a primeira muller do [[Iván III de Rusia|Gran Príncipe Iván III de Moscova]] finara en [[1467]]. Deste matrimonio nacera un fillo, [[Iván o Mozo]], nado en [[1458]]. No ano [[1469]] o Papa [[Paulo II, papa|Paulo II]] ofreceu a Sofía como esposa ao monarca ruso, coa esperanza de unir a católicos e ortodoxos nunha soa fe. [[Iván III de Rusia|Iván III]], casou con Sofía na [[Catedral da Dormición de Moscova|Catedral da Dormición]] no [[Kremlin de Moscova]] o [[12 de novembro]] de [[1472]].<ref>[http://ricolor.org/history/hr/persona/sofia_paleolog/ ''Fryazy and Greeks with Princess Sophia of Rome'' (in Russian)] [retrieved 25 February 2015].</ref><ref>[http://www.ellada-russia.ru/magazine/45-%D0%A1%D1%82%D0%B0%D1%82%D1%8C%D0%B8/article/343-%D0%A1%D0%BE%D1%84%D1%8C%D1%8F-%D0%9F%D0%B0%D0%BB%D0%B5%D0%BE%D0%BB%D0%BE%D0%B3-%D0%93%D1%80%D0%B5%D1%87%D0%B5%D1%81%D0%BA%D0%B0%D1%8F-%D1%86%D0%B0%D1%80%D0%B5%D0%B2%D0%BD%D0%B0-%D0%BD%D0%B0-%D1%80%D1%83%D1%81%D1%81%D0%BA%D0%BE%D0%BC-%D1%82%D1%80%D0%BE%D0%BD%D0%B5 ''Sophia Palaeologus - Greek princess on the Russian throne'' (in Russian)] [retrieved 25 February 2015].</ref> Con todo, o Cardeal Basilio Bessarión, enviado papal, non tivo éxito na súa misión de converter a política relixiosa moscovita.
 
Ao pasar dos anos, Sofía foi gañando influencia nas decisións do seu ancián marido. Crese que foi a primeira en introducir no Kremlin a magnífica e meticulosa etiqueta das cerimonias bizantinas, coa idea de converter a [[Moscova]] na [[Terceira Roma]].
 
=== Morte ===
[[Ficheiro:Groby.jpeg|thumb|dereita|Destrución da tumba de Sofía Paleóloga en 1929.]]
 
O triunfo do seu fillo foi o último evento importante na vida de Sofía. Esta lograra que Iván III nomeara como o seu sucesor a [[Basilio III de Rusia|Basilio]], pasando así por alto a [[Iván o Mozo|Iván]], o fillo de [[María de Tver]]. Sofía finou o [[7 de abril]] de [[1503]], dos anos antes que o seu marido (quen finou o [[27 de outubro]] de [[1505]]).
 
Sofía foi enterrada nun sarcófago de pedra branca na cripta da [[Catedral da Dormición]] no [[Kremlin de Moscova]], preto da tumba de [[María de Tver]]. No sarcófago inscribiuse o nome ''Sofía''.
Liña 49:
* [[Tomé Paleólogo]]
* [[Iván III de Rusia]]
 
{{DEFAULTSORT:Sofia}}
{{Control de autoridades}}
 
{{DEFAULTSORT:Sofia}}
[[Categoría:Dinastía Paleólogo]]
[[Categoría:Finados en 1503]]