Vitamina B6: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Arranxos varios
Liña 1:
A '''vitamina B6''' é a coenzima de numerosas enzimas que actúan no metabolismo das proteínas e dos ácidos graxos, entre outras funcións. En realidade é unha denominación común para tres compostos químicos chamados piridoxina, piridoxal e piridoxamina.
 
Atópase no xerme do [[trigo]], [[carne]] e [[verdura]]s. Ó tratarse dunha vitamina [[hidrosoluble]] elimínase a través dos [[ouriños]] e hase de repor diariamente coa [[dieta]]. Necesítase en maior cantidade cando se seguen dietas altas en proteínas.
 
A carencia de vitamina B6 provoca náuseas, parestesia, debilidade muscular e alteracións cutáneas (dermatite, ó que se debe o nome que se lle deu de ''adermina'').
 
== Beneficios ==
Adóitase coñecer, a nivel popular, como a "vitamina das mulleres", xa que contribúe a aliviar a [[síndrome premenstrual]] (irritabilidad, desánimo etc.). Pode haber falta desta vitamina no [[embarazo]] e cando se toman [[anticonceptivo]]s orais.
 
A vitamina B6 intervén na elaboración de substancias cerebrais que regulan o estado de ánimo, como a [[serotonina]], podendo ser útil, nalgunhas persoas, en casos de [[depresión (psicoloxía)|depresión]], tensión e alteracións do soño. Simultaneamente, pode axudar a reducir a sequidade de boca ocasionada pola toma de medicamentos (sobre todo por algúns antidepresivos).
 
É moi popular entre os deportistas xa que incrementa o rendemento muscular e a produción de enerxía. Iso é debido a que cando hai necesidade dun maior esforzo favorece a liberación de [[glicóxeno]] que se atopa almacenado no fígado e nos músculos. Tamén pode colaborar a perder peso xa que axuda a que o noso corpo consiga enerxía a partir das graxas acumuladas.
 
É necesaria para que o corpo fabrique adecuadamente [[anticorpo]]s e [[hemacia]]s (glóbulos vermellos).
 
É moi importante para unha adecuada absorción da [[vitamina B12]] e do [[magnesio]].
 
A [[diabetes]] durante o embarazo e a lactación relacionouse cunha deficiencia de vitamina B6 que provocaría unha baixo nivel de [[insulina]] para asimilar os [[hidrato de carbono|hidratos de carbono]] da dieta. As persoas diabéticas a miúdo observan que necesitan menos insulina polo que deben vixiar os seus niveis de glicosa e adecuar a dose de insulina.
Liña 25:
* Mantén o funcionamento das [[neurona|células nerviosas]].
* Favorece a absorción de [[ferro]].
* Intervén na formación de mielina.
 
{{Vitaminas}}